Máis de 10.200 persoas participaron nas 96 actividades do festival , cun total de 6.720 espectadores nas 74 funcións de 35 espectáculos diferentes que tiveron lugar entre o 16 de setembro e o 28 de outubro. Isto deixa unha media de 304 asistentes nas obras do Ciclo Principal, o que supón unha ocupación do 90% en sala. "Incendios", a obra de Ysarca e Teatro de la AbadÃa protagonizada pola veterana Nuria Espert, Premio Princesa de Asturias das Artes, resultou escollida como a gañadora do Premio do Público da XXVI edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. En conxunto, a edición de este ano, a 26ª da súa historia, foi a mellor valorada da última década polo público, cunha nota de 4,27 sobre 5.
O Ciclo OTNI tamén obtivo o mellor recoñecemento dos espectadores da súa historia, con 4,2 puntos. No novidoso Certame de Microteatro Metro Cadrado (M²), os favoritos do público foron "Amor de pé" de Tukumpas Teatro ao mellor espectáculo; MartÃn Pol ("Amor de pé") á mellor interpretación masculina; e Iria Sobrado ("Brinde") á mellor interpretación feminina. "Fillos do Sol", unha estrea absoluta no festival, que coproduciu coa compañÃa Contraproducións acadou a terceira mellor puntuación (4,6 sobre 5), a última creación do director, Cándido Pazó, foi unha das sensacións desta edición, como tamén o fora o ano pasado co "Tolleito de Inishmaan", triunfadora dos últimos Premios MarÃa Casares, con cinco galardóns. O éxito de "Fillos do Sol" supón un respaldo do público á estratexia de apoio á creación por parte do FIOT, que este ano coproduciu tres obras e desenvolveu numerosas actividades para favorecer aos creadores emerxentes, como é o caso das residencias de actores.