O espectáculo 'Casting Lear', de Andrea Jiménez, alzouse co Premio do Público do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, na súa 33ª edición. A obra, producida por Andrea Jiménez, Barco Pirata e Teatro de La AbadÃa, foi a peza mellor valorada polos espectadores neste #FIOT33, cunha puntuación de 4,85 sobre 5 (unha das notas máis altas do Premio do Público na historia do FIOT). En 'Casting Lear' o actor protagonista na pel do Rei Lear é unha incógnita, xa que cambia en cada unha das representacións do espectáculo, e non se lle dá o texto ao intérprete ata unhas horas antes do inicio da función. En Carballo, Lear foi interpretado polo galego Quico Cadaval, fito que provocou unha rápida conexión co público e converteu a este espectáculo contemporáneo e experimental de gran calado no éxito indiscutible do Programa de Sala. Pola súa banda, 'Respira', da CompañÃa Sempre Arriba, recibiu o recoñecemento do público como mellor espectáculo no Certame Micro-escenas M2, mentres que Laura Villaverde, de Artesa CÃa., foi a galardoada co premio á mellor interpretación do Certame Micro-escenas M2 polo espectáculo 'Panos de vinaghre'.