A 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) rematou deixando tras de si sinais da evidente importancia deste evento no panorama teatral do paÃs. As súas cifras de participación chegaron neste ano a superar as súas anteriores marcas con 11.500 participantes , dos que 7.452 acudiron ás funcións do Pazo da Cultura e ás representacións da Rúa dos Contos. O programa ofrecÃa 41 espectáculos, un total de 61 funcións e máis de cen actividades complementarias, importantes datos cuantitativos que ademais vÃronse apoiados co esgotamento dos 200 bonos postos á venda e as entradas de 8 dos 10 espectáculos do Programa de Sala, que tivo unha media de ocupación do 98%. Con este datos resulta moi relevante o palmarés xurdido das votacións dese público, que escolleron como mellor interpretación a do bailarÃn Diego M. Buceta polo espectáculo de danza As vacacións máis longas. O público elixiu como obra favorita a produción Iphigenia en Vallecas, o espectáculo de Serena Producciones protagonizado pola actriz MarÃa Hervás resultou escollido como ganador do Premio do Público do #FIOT27 cunha puntuación de 4,58 sobre 5. Fedra, con Lolita Flores, acadou a segunda mellor puntuación do público con 4,54 puntos. Tamén gustou o espectáculo Pss Pss, da compañÃa suÃza Baccalá, e a súa mestura de clown contemporáneo con circo e teatro. A obra acadou 4,52 puntos. O teatro galego tivo máis presenza na parte do palmarés do certame de Microteatro. Neste apartado, A Bonequiña, da compañÃa Moito Morro, acadou a mellor puntuación e conseguiu o Premio do Público ao mellor espectáculo.
Nesta edición do FIOT os organizadores tiñan posta a mirada en atraer aos mozos que naceron co cambio de século, e que agora están a acadar a maiorÃa de idade. AsÃ, programáronse espectáculos sobre a mocidade actual. O obxectivo cumpriuse e constatouse un incremento da presenza de espectadores novos en moitas funcións, o que constitúe o inicio dunha conexión na que seguirán incidindo futuras edicións do festival. O FIOT volve a demostrar o seu papel referencial na exhibición escénica como un dos máis importantes festivais galegos deste tipo, condición que este ano lle recoñeceu a Xunta de Galicia concedéndolle o Premio da Cultura Galega. Este ano festexábase o vinte aniversario da Rúa dos Contos e para celebralo creouse o Paseo da Fama da Rúa dos Contos na rúa Valle Inclán de Carballo. Unha homenaxe na que participaron moitos artistas plásticos de Carballo baixo a coordinación de Santiago Pazos. Un Paseo que manterá presente durante moito tempo os nomes de moitos dos artistas que deron vida á Rúa dos Contos.