O público do FIOT premia a obra 'Prima Facie'

O festival de Carballo pechou a súa 32ª edición pola que pasaron 14.000 espectadores

O festival de Carballo pechou a súa 32ª edición pola que pasaron 14.000 espectadores
Vicky Luengo, nun momento de 'Prima facie'
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo ven de botar o pano da súa 32º edición deixando tras de si un balance de recoñecementos e boas cifras de asistencia. O espectáculo 'Prima Facie', de Producciones Teatrales Contemporáneas, cuxa estrea en Galicia tivo lugar no FIOT32, foi recoñecido polos espectadores como a proposta máis salientable deste ano, acadando unha puntuación total de 4,75 sobre 5 puntos o que o fai merecente a esta obra, que aborda o tratamento xudicial das agresións sexuais, do Premio do Público do FIOT. A peza, un texto asinado por Suzie Miller e dirixido polo peruano Juan Carlos Fisher, conta coa actriz Vicky Luengo como protagonista absoluta. O palmarés do festival complétase con 'O mundo derrúbase e nós tomamos chocolate', da Compañía Accidental, que recibe o recoñecemento como Mellor Espectáculo no Certame Metro Cadrado, mentres que a actriz Carlota Mosquera foi galardoada co premio é Mellor Interpretación polo espectáculo 'Ninguén tira fotos nos enterros'. Segundo a organización, esta edición do festival contou con máis de 14.000 asistentes ao longo das súas 62 funcións e nas máis de 20 actividades organizadas arredor das artes escénicas.

Ligazóns