30/09/2019
O MARCO inaugura dúas mostras, de Eduardo Gruber e Jorge Martins, co debuxo como fío condutor
O MARCO retoma o seu programa expositivo coa presentación de dúas novas exposicións nas salas do primeiro andar. Dúas mostras individuais inauguradas o pasado venres e que estarán no espazo vigués ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2020. As mostras
O salón dos espellos de Eduardo Gruber (Santander, 1949) e
Sombras e Paradoxos de Jorge Martins (Lisboa, 1940) teñen o debuxo e a obra sobre papel como fío condutor, a través de estéticas moi diferenciadas: o relato de Eduardo Gruber xunto á voz poética de Jorge Martins. Gruber é un artista polifacético, ten realizado esculturas, intervencións no espazo, instalacións, escenografía (de ópera para Pilar Miró), e ten publicado varias novelas. En
O salón dos espellos reúne unha selección de obras recentes, debuxos e obra sobre papel, na que resulta central a presenza da palabra, do relato, da literatura. A exposición JORGE MARTINS.
Sombras e paradoxos supón a grande presentación individual que se dedica no noso país a un dos nomes referenciais da plástica portuguesa do último século. Aos seus setenta e nove anos, e en plena actividade creadora, Jorge Martins chegou a converterse nun referente interxeracional, profundamente respectado. Unha coidada selección dos seus debuxos —xunto aos seus cadernos de apuntamentos, que se amosan en primicia— compoñen esta nueva proposta expositiva do MARCO. Ademais con esta exposición de Martns levase a cabio a presentación dunha publicación —un libro de artista co que o MARCO inicia unha colección— que recolle, por vez primeira, a súa obra literaria, precisa e poética ao mesmo tempo. Tanto a exposición coma a publicación contan co patrocinio da Fundação Carmona e Costa, o Instituto Camões, e o MEIAC de Badaxoz, institucións coas que están previstas novas colaboracións para mostrar a obra de artistas de Portugal e Galicia en distintas sedes peninsulares..
Amplía a nova>>
30/09/2019
O que arde suma un novo premio en San Sebastián
Aínda que non obtivo o premio do público polo que competía no 67 Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o filme
O que arde de Óliver Laxe, non volta de baleiro do evento que fechou as súas portas esta fin de semana. A produción do director galego foi recoñecida co IX Premio San Sebastián-Gipuzkoa film Commission, no que competía con outras 18 producións e que se entrega no marco do festival. O galardón recoñece os filmes que mellor representan a contorna na que se rodaron, neste caso Tapia de Casariego, en Asturias. A produción levou un premio de 10.000 euros que se reparte entre a produtora (7.000) e a Asturias Paraíso Natural Film Comission (3.000).
Amplía a nova>>
26/09/2019
O festival de Sitges homenaxea a Xoán Pinzás
Juan Pinzás, único cineasta do estado que fixo parte de xeito oficial do movemento Dogma 95, será homenaxeado no vindeiro Festival de Cinema Fantástico de Sitges, que se celebra entre o 3 e o 13 de outubro. O evento catalán estreará
Universo Pinzás, obra na que Víctor Olid repasa a traxectoria do galego a mesturar documental e ficción. Ademais, proxectarase neste encontro o filme do homenaxeado
La leyenda de la doncella, unha das súas producións máis ambiciosas considerada hoxe unha película de culto. O propio Pinzás participará no evento a manter un coloquio co público..
Amplía a nova>>
23/09/2019
O OUFF presenta o seu programa a se reclamar como referente
Logo de que a Deputación se fixese cargo do evento o pasado mes de agosto, o OUFF, Festival Internacional de Cinema de Ourense, presentaba o seu programa na mañá deste 23 de setembro. A cita, que celebrará entre o 27 de setembro e o 5 de outubro a súa 24 edición, reivindícase "como o festival de referencia do cinema de Galicia". Segundo Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, trátase "do único festival de Galicia con sección competitiva en longametraxes" e o único tamén en contar con "exposicións e publicacións de produción propia que completan as actividades paralelas que xunto ás proxeccións a competición e ciclos temáticos conforman o programa"..
Amplía a nova>>
23/09/2019
Nace en Betanzos o Cineclub Lar de Unta
Coa intención de "devolver a Betanzos a súa tradición cinematográfica" bota a andar nesta vila que acolle o cinema máis antigo en funcionamento do estado, o Cineclub Lar de Unta. Promovido pola asociación do mesmo nome, a nova entidade desenvolverá o seu traballo no local da rúa Peixaría 1 do casco histórico betanceiro, aínda que prevé realizar proxeccións especiais no histórico cinema Alfonsetti. A entidade anunciou que están e conversas coa Federación de Cineclubs de Galicia para procurar vías de colaboración.
.
Amplía a nova>>
19/09/2019
Trinta e oito filmes competirán na sección oficial de Curtocircuíto
O festival Curtocircuíto presentaba esta mañá en Compostela o programa oficial da súa XVI edición, que se celebrará en Compostela entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Para alén de contidos xa anunciados, o programa contará coa participación de trinta e oito filmes nas súas dúas seccións oficiais. Como é habituall, Radar centrarase nos proxectos de cinema de autor a acoller títulos como
Operation Jane Walk,
27 thoughts about my father,
RISE,
Fuck You ou Alba, que lle outorgan un especial protagonismo á adolescencia.
My Generation, do gañador do Oscar Ludovic Houplain ou
Como Fernando Pessoa salvou Portugal de Eugène Green..
Amplía a nova>>
18/09/2019
O Lav.mov de Vedra presenta a súa segunda edición
A segunda xeira do encontro audiovisual Lav.mov de Vedra ten abertas as súas inscricións. O evento iniciará a súa actividade a fin de semana do 5 e 6 de outubro cos obradoiros "Iniciación ás curtas. Retratando a realidade" que imparte Illa Bufarda, "Pensar e realizar unha serie de TV", a cargo de Pepe Coira e mais un curso de dirección de fotografía impartido por Jaime Pérez que xa ten as prazas esgotadas.
.
Amplía a nova>>
16/09/2019
Cadoul de Craciun faise coa Ánfora de Ouro do FICBueu
O Festival Internacional de Curtas de Bueu entregaba o pasado sábado os seus galardóns, co filme romanés
Cadoul de Craciun como grande vencedor. A película que aborda a represión de Ceaușescu con grandes doses de humor negro obtivo a Ánfora de Ouro, dotada con 2.000 euros, ademais dos premios ao Mellor guión e ao Mellor actor para o protagonista, Adrian Vancica. Canda a este traballo, a coprodución bielorrusa-alemá
Lake of hapiness fíxose coa Ánfora de Prata e cos premios á Mellor dirección artística e á Mellor actriz para Anastasasiya Plyats. .
Amplía a nova>>
12/09/2019
As artes como ferramentas de inclusión reclaman visibilidade no IVº Diversidarte na Coruña
Diversidarte, Festival das Artes Inclusivas , que se celebrará na Coruña do 16 de setembro ao 5 de outubro, proxectará en diferentes espazos da cidade 100 curtametraxes de temática social como parte do seu concurso DiversimaCine e ven de presentar a súa programación. A partir do próximo martes, 17 de setembro, comezan as proxeccións das curtametraxes en diferentes espazos da cidade vinculados á cultura como son a sede de Afundación, o CGAI e NORMAL . As sesións, que estarán libres de barreiras arquitectónicas e de comunicación, contarán con proxeccións subtituladas. A convocatoria feita pola impulsora do proxecto, a asociación Poten100mos que traballa polo desenvolvemento persoal e a inclusión sociolaboral de persoas en situación de vulnerabilidades física, psíquica e/ou social, recibiu máis de 1100 traballos de 89 países diferentes e estableceu catro categorías -perspectiva de xénero, diversidade sexual, diversidade funcional e exclusión social- para seleccionar e agrupar os traballos que xa forman parte de DiversidArte 2019. Entre os países participantes están Reino Unido, Irán, Australia, México, Brasil, Italia, Arxentina, Colombia e Israel, por citar algúns. As obras gañadoras daranse a coñecer durante a Gala Festival DiversidArte que terá lugar o sábado 5 de outubro na Fundación Luis Seoane. O grupo de música inclusiva Xerock Percusión (procedente de A Guarda) e o actor e cómico Quico Cadaval actuarán o sábado 21 de setembro na Praza María Pita..
Amplía a nova>>
10/09/2019
O Festival de Cinema Rural Carlos Velo intégrase no FICRural
Entre os vindeiros 22 ao 28 de setembro Santiago de Compostela acollerá a primeira edición do Foro Internacional de Economía e Cultura Rural. O evento, que coordinan os colectivos Arraianos e Lareira Pop, conta co apoio do Concello e da Deputación da coruña, e integra a quinta xeira do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo. Para alén dos obradoiros, proxeccións, ou as xincanas fotográficas deste programa, o novo foro incluirá unha sección dedicada ao xogo tradicional e mais unha feira orientada a amosar proxectos de emprendemento rural na que se programarán concertos e outras actividades. .
Amplía a nova>>