Retrato de arquivo de Juan Pinzás. AVG
Juan Pinzás, único cineasta do estado que fixo parte de xeito oficial do movemento Dogma 95, será homenaxeado no vindeiro Festival de Cinema Fantástico de Sitges, que se celebra entre o 3 e o 13 de outubro. O evento catalán estreará Universo Pinzás, obra na que VÃctor Olid repasa a traxectoria do galego a mesturar documental e ficción. Ademais, proxectarase neste encontro o filme do homenaxeado La leyenda de la doncella, unha das súas producións máis ambiciosas considerada hoxe unha pelÃcula de culto. O propio Pinzás participará no evento a manter un coloquio co público.