O festival CurtocircuÃto presentaba esta mañá en Compostela o programa oficial da súa XVI edición, que se celebrará en Compostela entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Para alén de contidos xa anunciados, o programa contará coa participación de trinta e oito filmes nas súas dúas seccións oficiais. Como é habituall, Radar centrarase nos proxectos de cinema de autor a acoller tÃtulos como Operation Jane Walk, 27 thoughts about my father, RISE, Fuck You ou Alba, que lle outorgan un especial protagonismo á adolescencia. My Generation, do gañador do Oscar Ludovic Houplain ou Como Fernando Pessoa salvou Portugal de Eugène Green.
Canda a esta, a sección explora, dedicada a novas olladas, contará con producións de Jorge Jácome (premio CAMIRA 2017), Manuel Knapp, Michael Fleming, Manu Luksch, James N. Kienitz William ou Deborah Stratma entre outras. Mentres, na sección PenÃnsulas dedicada ao cinema español poderán verse traballos de Chema GarcÃa Ibarra e Ion de Sosa, Maddi Barber, Àlex Brendemühl ou Natalia MarÃn.
O festival contará no seu programa con presenzas destacadas como as de Peter Tsherakassky, unha das grandes figuras do cinema de vangarda; o fotógrafo Joan Fontcuberta, que ofrecerá unha masterclass; Laura Huertas, dentro da sección Púlsar, e Nacho Alonso na sección Terra.
No ámbito musical, o festival contará con recitais a cargo de Blixa Bargeld, Vesel e Pedro Maia con proxeccións do Video DJ Trifulca ademais de Myriam Bleau e Mundo Prestigio. O proxecto interdisciplinar de Javier MartÃn, Marta Verde e Artur M. Puga "featuring RŪGA live A/V" fechará esta parte do programa cunha actuación o tres de outubro no Teatro Principal.