18/01/2021
Álvaro Gago e Alberto Vázquez chegan á final dos Premios Goya
16 de decembro, de Álvaro Gago e
Homeless Home de Alberto Vázquez, superaron a primeira peneira e continúan a súa carreira ao entrar na fase final dos Premios Goya 2021. A organización dos galardóns do cinema español daban a coñecer na mañá deste 18 de xaneiro a listaxe de candidaturas, cinco por cada categoría, que competirán para se facer co trofeo na gala prevista para o vindeiro 6 de marzo. O proxecto de Gago foi escolleito entre as quince candidaturas propostas inicialmente para a categoría de mellor curtametraxe de ficción, mentres o do coruñés Alberto Vázquez competía con outros noves proxectos para chegar á final das curtas de animación..
Amplía a nova>>
15/01/2021
A Agadic convoca as axudas a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde pola que a Axencia Galega das Industrias Culturais convoca as subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego. Cun orzamento de 2,5 millóns de euros ao igual que en 2020, a nova convocatoria mantén tamén as categorías das axudas. Longametraxes de ficción "que contribúan a salientar a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego" ou aqueles "con especial valor cinematográfico, cultural e social que contribúan a fomentar o tecido industrial do sector audiovisual galego, posúan alta viabilidade na súa execución" e, nos dous casos, con vocación de proxección exterior, son as dúas primeiras modalidades de produción previstas, que poden obter ata 260.000 euros..
Amplía a nova>>
11/01/2021
Falece o histórico actor de dobraxe Antón Cancelas
O pasado 8 de decembro facíase público o falecemento de Antón Cancelas. Este histórico actor de dobraxe, nado en 1955, foi un dos pioneiros en pórlle voz na nosa lingua a moitos dos grandes personaxes das producións audiovisuais americanas. Terminator, o JR de Dallas ou diferentes personaxes interpretados por Clint Eastwood ou da serie de filmes de Harry Potter fixeron parte dos fitos deste veterano que iniciou a súa carreira en 1986 e cuxo traballo marcou toda unha xeración de dobraxes no país..
Amplía a nova>>
07/01/2021
Un proxecto recolle a importante achega de Xosé Vizoso en Sargadelos
Coma unha homenaxe e recoñecemento ao traballo feito por Xosé Vizoso xunto a Isaac Díaz Pardo en Sargadelos desde 1968, a produtora Arraianos, co apoio da Deputación provincial da Coruña ven de presentar un proxecto na rede sobre o artista. Poñendo o foco na traxectoria do mindoniense, na súa achega ao éxito de Sargadelos como creador e deseñador e na variedade da súa obra en diferentes formatos, o web saca da sombra de Isaac a este artista fundamental e sempre presente nos pasados 50 anos da cultura galega. Ademais, dentro deste web inclúese un proxecto pedagóxico multimedia polo cal Arraianos en colaboración de tres centros educativos de Brión e Santiago de Compostela, están a organizar actividades arredor da exposición itinerante de carteis de Xosé Vizoso e levaron a cabo unha entrevista gravada en vídeo co propio Vizoso feita polo alumnado do IES Rosalía de Castro de Santiago e dirixida por Aser Álvarez baixo a coordinación didáctica do profesor Alberto Sacido, entrevista que á vez fai parte dun documental..
Amplía a nova>>
28/12/2020
A perda do polifacético Lino Braxe tinxe de loito a cultura
A morte temperá de Lino Braxe comunicada o día Nadal, caeu coma chumbo sobre a comunidade da cultura galega, que non terá xa moi bo recordo deste 2020. Braxe (Mugardos, 1962-A Coruña, 2020) falecía aos 58 anos tras unha fecunda vida artísticas desenvolvendo ao seu talento e sensibilidade a través de moi diferentes manifestacións artísticas, coa poesía sempre coma luz de guía. Escritor, actor, dramaturgo, director de escena, artista plástico e músico, Lino Braxe formou parte da prolífica xeración poética dos anos 80, xunto con Manuel Rivas, Lois Pereiro e Miguel Anxo Fernán-Vello entre outros, comezando a publicar dentro dos volumes colectivos
De amor e desamor. I e II, publicados por Ediciós do Castro en 1984 e 1985, o mesmo ano no que comezou a súa andaina no teatro profesional coa Compañía Luís Seoane. Ao anuncio do seu pasamento, feito público desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na que dirixía o grupo teatral, seguiu unha conmoción no mundo das letras e da escena expresada a través de redes sociais e publicacións por actores, actrices e literatos. Nas páxinas da revista LUZES, da que foi fundador, Manuel Rivas escribía o artigo
Lino Braxe, o Ulises de Mugardos, no que di na súa lembranza do amigo ausente: "Lino vivía na borda, sempre a barlovento. Sentías o mesmo latexo, o abaneo, cando o que apertaba era a dirección do máis ambicioso Hamlet feito en Galicia ou cando escribía un artigo sobre a vida nos campamentos do éxodo saharauí. Cando recitaba e cantaba n’A caricia da serpe que cando facía dobraxe para unha serie ou de pirata para unha peza infantil. Cando adaptou de xeito memorábel para a radio a obra dramática de Álvaro Cunqueiro que cando afrontou rodaxes dun cinema galego en condicións de total intemperie." .
Amplía a nova>>
23/12/2020
Chega a Youtube Xan, webserie gañadora do Pitching de Carballo Interplay
A webserie Xan, que fora galardoada no Carballo Interplay de 2019 como un dos mellores proxectos neste formato, está xa a chegar a Youtube. A comedia que narra as aventuras dun millenial que ten o curioso superpoder de non dicir nada, ten xa na rede os seus tres primeiros episodios. A viguesa Lucía Estévez dirixe esta produción que se estreou na última edición de CIP, o pasado mes de novembro..
Amplía a nova>>
21/12/2020
Eléonore Weber, Illum Jacobi e Salka Tiziana encabezan o palmarés de Novos Cinemas
A quinta xeira do festival Novos Cinemas fechaba este 20 de decembro dando a coñecer o seu palmarés.
Il N'y aura plus de nuit, de Eléonore Weber, foi seleccionada polo Xurado Internacional, formado por Elena Duque Viña, Pela del Álamo Herrera e Nuria Giménez Lorang, para recibir o Premio Novos Cinemas á mellor longametraxe da Sección Oficial. O filme obtivo ademais unha mención do Xurado Novo. O premio deste comité á mellor dirección da Sección Oficial foi para Illum Jacobi polo seu traballo en
The Trouble with Nature. O xurado da crítica, pola súa banda, outorgou o seu premio a
Tal día hizo un año de Salka Tiziana..
Amplía a nova>>
21/12/2020
O fin da verdade obtén o Premio Daniel Domínguez de guión
A Asociación Sindical Galega de Guionistas daba a coñecer na mañá deste 21 de decembro o fallo do seu II Premio de Guión. O xurado recoñeceu o texto
O fin da verdade, escrito por Fernando Tato, Ozo Perozo e Adrián Castiñeiras "pola súa valentía á hora de percorrer camiños pouco transitados no audiovisual galego, apostando polo xénero". A obra "desenvolve con intelixencia e solidez unha premisa de ciencia ficción que atrapa desde o primeiro momento, mantendo a tensión ata o final da historia", segundo sinala o fallo. Os gañadores recibirán 2.500 euros en metálico e unha subscrición de seis meses ao mercado online Filmarket Hub. Tamén recibirán esta segunda recompensa os traballos finalistas,
A flote, de Jose Veiga e mais
(Os) Anxos, de Marcos Méndez Moreira..
Amplía a nova>>
21/12/2020
A Mesa e Agasallo.eu achegan propostas de presentes para as festas
Como é habitual por estas datas, a Mesa pola Normalización Lingüística publica o seu catálogo de Nadal no marco da campaña Abertos ao Galego. Co obxectivo de promover o consumo de produtos e negocios que apostan polo noso idioma, a publicación en liña achega unha ampla selección de potenciais agasallos para estas festas. Libros, discos, artesanía, audiovisual ou produtos alimentarios compleméntanse con experiencias, cuidado corporal, estadías de turismo rural ou servizos de empresas de diferentes tipos. .
Amplía a nova>>
17/12/2020
A película 'Ons' estréase este venres en 16 salas de cine
A longametraxe
Ons, dirixida Alfonso Zarauza e protagonizada polo Antonio Durán "Morris" e Melania Cruz, chega este venres ás salas de cine comerciais. O filme estreouse o pasado novembro no Festival de Cine Europeo de Sevilla e pasou tamén polo festival Cineuropa de Santiago, onde o seu director recibiu un premio de honra.
Ons chegará este venres a 16 cines de 11 localidades. En Galicia estará dispoñible en A Coruña (Marineda, Cantones, Yelmo Rosales); Vigo (Gran Vía, Yelmo Vigo); Lugo (Códex, As Termas); Santiago (NUMAX, As Cancelas); Ferrol (Dúplex); Pontevedra (Teatro Principal); Caldas de Reis (Avenida); Marín (Cine Seixo); A estrada (Multicines central). Ademais a película estrearase tamén en Madrid (Renoir Plaza España) e Barcelona (Boliche). Tras esta primeira semana de pases a longametraxe galega proxectarase tamén en Palma de Mallorca (Cine Ciutat) e Narón (Odeón Narón)..
Amplía a nova>>