Álvaro Pérez Becerra é elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual

É o presidente máis novo de todas as academias audiovisuais da península

É o presidente máis novo de todas as academias audiovisuais da península
Álvaro Pérez Becerra. Foto: Sabela Eiriz/AGA
O produtor Álvaro Pérez Becerra (A Coruña, 1989) foi elixido por unanimidade novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. Becerra, que é o presidente máis novo das oito academias de cine e audiovisual da península, contará co guionista e produtor Pepe Coira e na actriz e cineasta Sonia Méndez como vicepresidentes. O resto do equipo directivo recunca desde o mandato anterior. Carmen Méndez na tesoureiría, Saamira Ganay na secretaría, Óscar Cruz, Susana Veira e Xavi Font nas vogalías, xunto coa presidenta saínte Ana Míguez, e Fernando Alfonsín. O novo presidente destacou que o sector audiovisual "ten o resto de buscar as fórmulas para incorporar talento novo constantemente, e que moitas rapazas e rapaces que agora rematan de estudar e pensan na posibilidade de dedicarse a isto non vexan tan lonxe ese obxectivo".

Álvaro Pérez Becerra traballa como produtor en proxectos de audiovisual e artes escénicas a través das produtoras Ainé Producións e Undodez, propiedade de Xosé A. Touriñán. Un dos seus proxectos máis recentes é a adaptación teatral de Fariña de Nacho Carretero, e participa en diferentes formatos de ficción e entretemento para televisión. Tamén coordina o traballo de produción de Medio Limón, a produtora de Marta Hazas e Javier Veiga.