A cineasta, catedrática da Universidade de Santiago e académica da RAG Margarita Ledo Andión ven de ser recoñecida co Premio Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual. A lucense recollerá este premio de honra na vindeira XXª edición do Premios Mestre Mateo do audiovisual galego o vindeiro sábado 19 de marzo no recinto de Expocoruña. O presidente da Academia, Álvaro Pérez Becerra, acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, deu hoxe a coñecer a decisión da AGA para o seu galardón de honra.
A Academia Galega do Audiovisual decidiu homenaxear co Premio de Honra á profesora e catedrática de Ciencias da Comunicación "por ser unha figura de referencia no eido da cultura como xornalista, investigadora, poeta e escritora. Por impulsar a creación da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e alumear as vocacións de varias xeracións de galegas e galegos desde o seu posto como profesora catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Por contribuír á posta en marcha de iniciativas tan necesarias como NUMAX ou o Grupo de Estudios Audiovisuais. Por recuperar voces e relatos da nosa historia recente a través das súas películas, desde unha posición independente e reivindicativa".
Margarita Ledo (Castro de Rey, 1951) ten unha ampla traxectoria que abrangue a docencia, a escrita, o xornalismo e a cinematografía, sobre todo no xénero documental. Como directora asinou os filmes 'Santa Liberdade' (2004), ' Hai que botalos' (2005), 'Liste, pronunciado Líster' (2007), 'A cicatriz branca'(2012), 'Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra' (2016) e a máis recente 'Nación' (2020). Con esta última produción acadou varios recoñecementos como o Premio Especial á mellor dirección de película española no Festival de Cine Europeo de Sevilla e na anterior gala dos Premios Mestre Mateo recolleu do de Mellor Documental. Ledo Andión volverá este ano a recoller un premio á gala, pero neste caso o de recoñecemento a toda a súa traxectoria no audiovisual.