
Dende o 8 de maio a xunta directiva está tamén composta pola actriz Tamara Canosa e o músico e compositor Nani GarcÃa como vicepresidentes. O director Dani de la Torre; o actor Antonio Durán Morris; o documentalista Manolo González; a xornalista e presentadora Irene Lourido; a produtora Luisa Romeo González; a actriz MarÃa Vázquez; e a produtora e xornalista MarÃa Yáñez Anllo completan o novo equipo.
Durante a Asemblea, Carlos Ares puntualizou que "temos que dinamizar, promover, fomentar o coñecemento do noso cine, a nosa televisión e outras disciplinas audiovisuais, o noso patrimonio audiovisual, a nosa cultura en definitiva, entre a sociedade".