Antonio Mourelos presidirá a Academia Galega do Audiovisual

Substituirá a Xosé Manuel Olveira “Pico” á fronte deste organismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Esta tarde terá lugar a asemblea da Academia Galega do Audiovisual na que se elixirá ao novo presidente deste organismo. E será, se non acontece nada imprevisto, Antonio Mourelos xa que é o único candidato que opta ao posto. Na súa listaxe conta co director Jorge Coira, o actor Luis Tosar, a produtora Enma Lustres, o guionista Daniel Domínguez e o decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira, entre outros. Mourelos presidirá a Academia nun momento complicado para o sector ante o recorte de axudas anunciadas pola Xunta que destinará ao sector 6 millóns de euros entre a Agadic e o Consorcio Audiovisual de Galicia.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Manuel Olveira, Xosé Manuel Olveira, Jorge Coira...