Novas | 641 a 650 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

29/06/2021
Entregados os V Premios Maria Luz Morales da Academia do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual entregou os premios María Luz Morales, que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual nunha gala celebrada en liña, na que se fixeron públicos os traballos gañadores. Nesta quinta edición, por primeira vez na historia destes galardóns, o xurado declarou deserta unha categoría, a de Mellor videoensaio sobre audiovisual galego. Repartíronse os premios correspondentes ás dos ensaios escritos sobre audiovisual galego e internacional e a de videoensaio sobre audiovisual internacional ademais de dous accésit. Unha das novidades deste ano foi a retransmisión do evento en liña, a través da canle de YouTube da Academia, desde a sede da Deputación da Coruña, como anfitrioa este ano.. Amplía a nova>>

28/06/2021
Brandán Cerviño colleita recoñecementos coa súa curta A comuñón da miña prima Andrea

O Premio do Público do festival Tenerife Shorts, obtido este 26 de xuño, é o máis recente galardón na listaxe de recoñecementos que está a obter A comuñón da miña prima Andrea. A curtametraxe documental de Brandán Cerviño chegou ao festival canario logo de percorrer citas de grande importancia como o Festival Internacional de Cinema d'Autor de Barcelona, o noruegués Kortfilmfestivalen, o AFI DOCOS e o festival de Palm Springs en Estados Unidos, o israelí DOCAVIV ou o Festival de Málaga, onde obtivo unha mención especial do xurado. . Amplía a nova>>

25/06/2021
Agadic aumenta as axudas ao sector audiovisual

A Axencia Galega de Industrias Culturais ven de reforzar a súa liña de subvencións ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. O Diario oficial de Galicia publica hoxe as bases dunha nova convocatoria desta liña de acción que estará dotada con ata 300.000 euros, arredor dun 15 por cento máis que en 2020, mentres que mantén as contías máxima a percibir por proxecto e as modalidades destes, o que supón aumentar o alcance en número de proxectos como ambición última. O pasado ano estas axudas chegaron a quince producións en fase de inicio. A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades estipuladas, que seguen a manter unha decidida aposta diferenciada pola animación: longametraxe cinematográfica de ficción, serie ou miniserie de ficción para TV (ata 20.000 euros por proxecto); longametraxe cinematográfica de animación ou serie de animación (ata 20.000 euros); longametraxe de ficción para TV, longametraxe documental cinematográfica para TV e piloto de programa para TV (máximo de 10.000 euros por axuda a este proxectos).. Amplía a nova>>

23/06/2021
A Agadic convoca unha liña de axudas para concertos dotada con un millón de euros

Un millón de euros é a dotación coa que a Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de convocar as subvencións "para profesionais autónomos e empresas que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22". . Amplía a nova>>

16/06/2021
A segunda edición do Fondo de proxectos culturais Xacobeo apoia 260 iniciativas

Logo de adiantar o pasado sábado 12 de xuño as cifras xerais da resolución da convocatoria a Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo público no seu web a listaxe de proxectos que reparten as axudas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22. Esta iniciativa, que incrementou os seus fondos de 2,5 a 3 millóns de euros, apoiará nesta xeira un total de 260 proxectos. Destes, 130 corresponden a iniciativas dixitais, a comprender "documentais, audiovisuais e produtos pensados para a súa proxección nas redes sociais". Arredor doutro corenta por cento das propostas seleccionadas son actividades de carácter presencial, entre as que teñen maior protagonismo aquelas orientadas á se desenvolver ao aire libre.. Amplía a nova>>

14/06/2021
A Deputación de Ourense asegura con 225.000 euros a súa achega ao OUFF

A Deputación de Ourense ven de renovar o compromiso coa realización do Festival de Cine de Ourense (OUFF), de cara á súa vindeira 26ª edición, que se celebrará do 24 de setembro ao 2 de outubro. O presidente do ente provincial, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación "Carlos Velo", Carmen Leyte, asinaron o convenio de colaboración que ámbalas dúas entidades subscriben anualmente polo que se rexe a colaboración entre ámbalas dúas entidades desde o ano 2019 no que o Concello de Ourense renunciou a seguir organizando o festival. Neste sentido, a Deputación cofinancia o OUFF cunha subvención nominativa en favor da Fundación "Carlos Velo" por importe de 225.000 euros, e pon a disposición da fundación unha oficina no centro cultural "Marcos Valcarcel", así como o Teatro Principal e Centro Cultural nas datas e horarios que se determinen. Pola súa banda, a fundación organizará o festival e efectuará as contratacións, laborais ou mercantís, que sexan precisas para a organización do evento. . Amplía a nova>>

10/06/2021
Leis que non entenden de culturas

A lexislación sobre contratación e subvencións públicas non é axeitada para as especificidades do sector cultural. As diferentes mesas que se desenvolveron este 9 de xuño no marco da xornada Dereito contra cultura? do Consello da Cultura Galega coincidiron na necesidade dunha reforma que atenda máis a criterios alén dos económicos e que facilite o traballo para administracións, empresas e colectivos deste sector.. Amplía a nova>>

08/06/2021
Catorce festivais audiovisuais reparten 200.000 euros de axudas da Agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer na mañá desde 8 de xuño a resolución da convocatoria de Subvencións a festivais do sector audiovisual, dotada con 200.000 euros. Un total de catorce citas deste tipo reparten as axudas, co Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui a encabezar o apoio ao obter 36.930,96 euros. Ségueno o Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela con 36.240, (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña, que suma 29.624 e mais o Festival de Cans, no Porriño, ao que se lle adxudicaron 28.419,73 euros.. Amplía a nova>>

07/06/2021
Álvaro Pérez Becerra é elixido presidente da Academia Galega do Audiovisual

O produtor Álvaro Pérez Becerra (A Coruña, 1989) foi elixido por unanimidade novo presidente da Academia Galega do Audiovisual. Becerra, que é o presidente máis novo das oito academias de cine e audiovisual da península, contará co guionista e produtor Pepe Coira e na actriz e cineasta Sonia Méndez como vicepresidentes. O resto do equipo directivo recunca desde o mandato anterior. Carmen Méndez na tesoureiría, Saamira Ganay na secretaría, Óscar Cruz, Susana Veira e Xavi Font nas vogalías, xunto coa presidenta saínte Ana Míguez, e Fernando Alfonsín. O novo presidente destacou que o sector audiovisual "ten o resto de buscar as fórmulas para incorporar talento novo constantemente, e que moitas rapazas e rapaces que agora rematan de estudar e pensan na posibilidade de dedicarse a isto non vexan tan lonxe ese obxectivo". . Amplía a nova>>

01/06/2021
Youtubeir@s e Olloboi voltan para potenciar a creatividade audiovisual

Dúas das citas máis destacadas no apoio á nova creación audiovisual do país, o certame Youtubeir@s e o Festival de Cinema Escolar Olloboi, presentan as súas novas xeiras. As bases da quinta edición de Youtubeir@s, que se presenta co lema "Magnetismo en rede" están xa publicadas no web da iniciativa, a manter a contía de 7.500 euros en premios e as mesmas doce categorías. Como principal novidade da xeira, "a organización quere fomentar a creación e o mantemento de canles, polo que neste 2021 só se poderán presentar canles e non vídeos illados como en anos anteriores".. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org