Novas | 631 a 640 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

15/07/2021
Un filme sobre Ian Gibson abrirá o XVIII Festival de Cans

Desde este 15 de xullo están dispoñibles na web as primeiras entradas para asistir á XVIII edición do Festival de Cans. A longametraxe Donde acaba la memoria, debut na dirección do vigués Pablo Romero-Fresco arredor da figura do hipansita Ian Gibson abre o programa da nova xeira. O propio Gibson participará no evento, que por segundo ano consecutivo se traslada ao mes de setembro, entre os días 1 e o 4. Segundo destaca a organización, ao igual que na anterior edición "as medidas de distancia, seguridade, e sobre todo protección dos veciños serán fundamentais" por mor da pandemia de Covid-19 con ocupacións limitadas e distancia social.. Amplía a nova>>

14/07/2021
Portocabo e Movistar+ rodarán en Galicia a serie 'Rapa'

A produtora galega Portocabo (Hierro, Auga Seca, Cuñados, Vidago Palace) desenvolverá con Movistar+ unha nova serie televisiva de ficción de xénero negro ambientada integramente en Galicia. Rapa contará con Jorge Coira na dirección, Javier Cámara como protagonista e guión a cargo de Pepe Coira e Fran Araújo. Os escenarios desta ficción estarán desde a Serra da Capelada e Cedeira ata Ferrol nos seis episodios da serie, de 50 minutos cada un. A rodaxe comezará o vindeiro setembro e ten prevista a estrea en 2022. A trama comeza na Rapa das Bestas co asasinato da alcaldesa dun pobo e o comezo da investigación, sendo Tomás, o personaxe interpretado por Javier Cámara, a única testemuña dos feitos. El xunto cunha sarxento da Garda Civil buscarán ao asasino da alcaldesa. O resto dos intérpretes deste produción aínda non daranse a coñecer proximamente.. Amplía a nova>>

13/07/2021
Culturgal celebrará a súa XIV Edición baixo o lema "A cultura que toca"

A recuperar a actividade presencial logo dunha xeira marcada polas propostas virtuais, a XIV Edición de Culturgal celebrarase en Pontevedra entre os vindeiros 26 e 28 de novembro. O presidente da Asociación Culturgal, Víctor López, explicaba durante a presentación do evento, na mañá deste 13 de xullo en Pontevedra, que "a cultura que toca é o lema que escollemos este ano e que queremos que teña un amplo significado, por unha banda, o relativo a fomentar o contacto entre a acción cultural ao vivo e o público, entre as empresas e axentes culturais, coa previsión de que esta Culturgal será a do reencontro, a da recuperación, a do contacto directo coa cultura".. Amplía a nova>>

09/07/2021
A cultura galega vira cara a sustentabilidade

Dous eventos onte confirmaron o interese de diferentes ámbitos do sector cultural galego en afrontar as cuestións de sustentabilidade expostas na Axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas para acadar un desenvolvemento sustentable, comprometido co medio e cos valores do seu contorno. Por unha banda, o Consello da Cultura Galega presentou en Monterroso o informe Cultura e sustentabilidade, coordinado polo investigador Fran Quiroga, no que realizaba entrevistas a 10 proxectos empresariais, asociativos e creativos con base ou forte implantación no medio rural galego, para determinar estratexias e visións que permitan unha cultura galega con capacidade para vertebrar as comunidades rurais e contribuír ao seu desenvolvemento. O CCG demandou que as políticas orzamentarias de cultura teñan en conta o medio rural e sexan usadas para "reequilibrar" Galicia, botando man con especial atención das provincias de Lugo e Ourense.. Amplía a nova>>

08/07/2021
O Festival de Cans premia a traxectoria de Jorge Coira

A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certame considera a Jorge Coira como "unha figura fundamental no desenvolvemento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos". Coira recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XVIII Festival de Cans, que terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro. Con motivo da homenaxe ao realizador o certame organizará o xoves 2 de Setembro, no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño a chamada "Tarde Coira". Nela, o público poderá asistir á estrea absoluta da longametraxe documental Beiras, vivir dúas veces, sobre a poliédrica figura deste histórico político galego, codirixida por Jorge Coira, xunto co seu irmán Pepe Coira e Gaspar Broullón. Ademais o público tamén poderá asistir a un avance das primeiras imaxes inéditas da última película que o cineasta acaba de rodar hai só uns días: Proyecto Emperador, protagonizado por Luís Tosar, no que supón o seu reencontro profesional, e producido por Vaca Filmes. O filme terá un aforo limitado e a asistencia farase a través dunha inscrición previa on line que se abrirá nos vindeiros días na web do Festival de Cans.. Amplía a nova>>

07/07/2021
Unha escultura lembra en Forcarei o legado de Chano Piñeiro

Forcarei acolleu hoxe a inauguración dunha escultura dedicada ao cineasta Chano Piñeiro, un dos pioneiros do cinema galego moderno, nacido nesta vila en 1954 e morto en Vigo en 1995. A escultura, realizada pola Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, representa unha bobina e filme dunha película, en recordo das súas producións máis coñecidas: a curtametraxe Mamasunción e o filme Sempre Xonxa. No acto participou a súa viúva, Mari Luz Montes, a actriz Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa e secretaría da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Verónica Pichel, alcaldesa de Forcarei.. Amplía a nova>>

06/07/2021
As primeiras axudas a salas de cine chegan ata 15 empresas en 13 localidades

A Xunta de Galicia acaba de facer pública a adxudicación de preto de 240.000 euros ao abeiro da primeira convocatoria de subvencións á exhibición cinematográfica, da que resultaron beneficiarias 15 empresas para o desenvolvemento de proxectos en 21 salas de cine de 13 localidades. Dáselle así resposta á totalidade das propostas e contías solicitadas no marco desta nova medida, consensuada co sector, que busca contribuír á viabilidade deste tipo de espazos e reducir o impacto da crise sanitaria na súa actividade. O orzamento total destas axudas era de 350.000 euros. . Amplía a nova>>

05/07/2021
Ugia Pedreira e Marina Oural exploran o universo poético da casa rural en Unha faba unha vida

"Despatriarcalizar o ecoloxismo e ecoloxizar o feminismo". Ese é o obxectivo da xornada "Ecofeminismos", celebrada hoxe no Consello da Cultura Galega e na que un grupo de expertas reflexionou sobre as proximidades éticas de dúas das principais loitas sociais de finais do século XX e principios do XXI: o ecoloxismo e o feminismo. "As loitas feministas e ecoloxistas, antes paralelas, son agora interdependentes: os seus avances e retrocesos inflúen mutuamente. Ambos concordan en que todas as formas de opresión se conectan co inimigo común: o capitalismo patriarcal", sinalan no programa do evento. Como colofón estreouse a peza audiovisual "Unha faba unha vida", que parte do espectáculo do mesmo nome de Ugía Pedreira e Marina Oural, na que se explora o territorio da casa aldeá na súa dimensión poética e musical. O vídeo foi realizado para a xornada e producido por Mialma Produciois. . Amplía a nova>>

02/07/2021
Vinte e dous proxectos reparten as axudas á produción audiovisual da Agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais facía pública este 1 de xullo a resolución de subvencións para producións e coproducións audiovisuais, a liña de maior dotación das que a Xunta destina ao sector. Dotadas con 2,5 millóns de euros, estas axudas apoiarán o desenvolvemento de trece longametraxes (cinco de ficción en imaxe real, unha de animación e sete documentais), seis curtas e tres series de televisión (unha en imaxe real e dúas de animación).. Amplía a nova>>

01/07/2021
Catro cineastas para revelar o capital simbólico e inmaterial de Galicia

A Fundación DIDAC estrea hoxe na súa sede en Santiago, 'Visións inéditas', un proxecto multimedia comisariado por Performa S.Coop. Galega realizado a partir de catro pezas, conformadas a modo de capítulos, que compoñen un documental a través do cal asomarse a algunhas das persoas, lugares e experiencias que axudan a definir e revalorizar o patrimonio natural e cultural galego. As pezas, ideadas especificamente para o proxecto, contan coa dirección artística de Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza, figuras recoñecidas do audiovisual galego contemporáneo. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org