Forcarei acolleu hoxe a inauguración dunha escultura dedicada ao cineasta Chano Piñeiro, un dos pioneiros do cinema galego moderno, nacido nesta vila en 1954 e morto en Vigo en 1995. A escultura, realizada pola Escola de CanterÃa da Deputación de Pontevedra, representa unha bobina e filme dunha pelÃcula, en recordo das súas producións máis coñecidas: a curtametraxe Mamasunción e o filme Sempre Xonxa. No acto participou a súa viúva, Mari Luz Montes, a actriz UxÃa Blanco, protagonista de Sempre Xonxa e secretarÃa da Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Verónica Pichel, alcaldesa de Forcarei.