O desaparecido director Chano Piñeiro terá unha praca na súa casa de Vigo

Hoxe e maña terán lugar homenaxes ao cineasta e farmacéutico por parte da Irmandade da Sanidade Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Chano Piñeiro

Chano Piñeiro

Chano Piñeiro (Forcarei, 1954- Vigo, 1995), o farmacéutico e cineasta fundamental no desenvolvemento do audiovisual galego, será obxecto este venres e maña de diversas homenaxes. O director de Mamasunción e Sempre Xonxa será lembrado cunha praza no casa onde residiu en Vigo e onde aínda habita a súa viúva, entre Doutor Marañón e Menéndez Pelayo, ás 17 horas. A Irmandade da Sanidade Galega en colaboración co Colexio de Farmacéuticos e a Consellería de Política Lingüística, impulsan esta homenaxe que terá continuidade mañá, sábado na sede do Colexio Médico de Vigo coa sesión académica da Irmandade con novos ingresos e cunha lección maxistral sobre o "boticario que foi cineasta".

Figura clave do cine galego moderno, a súa breve filmografía ten un fondo compromiso co mundo rural. Director autodidacta, comezou rodando en formato Super 8 a finais dos 70. A súa primeira curta en 35 mm, Mamasunción é xa unha pequena obra mestra. Dirixiu Sempre Xonxa, a primeira longametraxe galega de ficción en formato 35 mm. Estrouse simultaneamente en varias cidades galegas en xaneiro de 1990, un fito na época. Del sóese citar a frase "facer cine en Galicia é posible; facer cine en galego é necesario".

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Cine, Chano Piñeiro, Política Lingüística...

Claves

Protagonistas
Lugares