Portocabo e Movistar+ rodarán en Galicia a serie 'Rapa'

Javier Cámara protagonizará esta ficción policial dos creadores de 'Hierro'

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Javier Cámara                                                 Foto: Movistar+

Javier Cámara Foto: Movistar+

A produtora galega Portocabo (Hierro, Auga Seca, Cuñados, Vidago Palace) desenvolverá con Movistar+ unha nova serie televisiva de ficción de xénero negro ambientada integramente en Galicia. Rapa contará con Jorge Coira na dirección, Javier Cámara como protagonista e guión a cargo de Pepe Coira e Fran Araújo. Os escenarios desta ficción estarán desde a Serra da Capelada e Cedeira ata Ferrol nos seis episodios da serie, de 50 minutos cada un. A rodaxe comezará o vindeiro setembro e ten prevista a estrea en 2022. A trama comeza na Rapa das Bestas co asasinato da alcaldesa dun pobo e o comezo da investigación, sendo Tomás, o personaxe interpretado por Javier Cámara, a única testemuña dos feitos. El xunto cunha sarxento da Garda Civil buscarán ao asasino da alcaldesa. O resto dos intérpretes deste produción aínda non daranse a coñecer proximamente.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rapa, Portocabo, Jorge Coira, Pepe Coira...

Claves

Protagonistas
Lugares