'Hierro' de Portocabo gaña o Premio Feroz á mellor serie dramática de 2019

A produción dirixida por Jorge Coira acadou ademais un premio para a súa actriz protagonista

17/1/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os Premios Feroz outorgados pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España que premian varias categorías en traballos cinematográficos e televisivos tiveron onte a gala na que repartían os galardóns sobre a produción de 2019. No apartado televisivo o premio para a mellor serie foi para Hierro, da produtora galega Portocabo, dirixida por Jorge Coira e creada por Pepe Coira, con guión del mesmo e de Carlos Portela, Fran Araújo, Araceli Gonda e Coral Cruz. Ademais na montaxe tamén participaron, ademais de Jorge Coira, Diana Toucedo e Gaspar Broullón. A produción, que se emite en Movistar +, acadou ademais o recoñecemento para a súa actriz principal, Candela Peña. Outra produción galega, a película Quien a hierro mata, de Vaca Films, acadou tamén un galardón ao mellor actor de reparto para o catalán Enric Auquer. A pesar das súas cinco candidaturas O que arde non acadou ningún galardón nunha noite na que a nivel cinematográfico a película de pedro Almodovar Dolor y gloria acaparou o palmarés con seis premios.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jorge Coira, Portocabo, Araceli Gonda, Pepe Coira...