Os Premios Ondas recoñecen Hierro como mellor serie televisiva estatal

A produción dos irmáns Coira foi galardoada Ex Aequo con Arde Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Os Premios Ondas recoñecen Hierro como mellor serie televisiva estatal

Un proxecto de autoría galega conseguiu presenza no palmarés dos Premios Ondas deste ano. Os galardóns que outorga a Cadea SER recoñeceron Hierro, dirixida por Jorge Coira e creada polo seu irmán Pepe Coira co premio á mellor serie estatal. O galardón recoñécelle á produción "un guión que nunca decae, unha actuación esixente e unha paisaxe que acompaña a trama como un elemento primordial da obra". Segundo destaca a organización dos premios Hierro "é un espectáculo e un drama, funciona como un thriller e como un poema da terra e do mal". O proxecto comparte o premio Ex Aequo con Arde Madrid.

A serie conta con presenza galega tamén no guión, a cargo de Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda e mais a cántabra Coral Cruz. Outro galego, Alfonso Blanco, de Portocabo foi un dos responsables da produción. A serie foi recoñecida tamén co premio ao mellor actriz para Candela Peña, protagonista do proxecto.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Pepe Coira, Guión, Jorge Coira...