A serie de televisión Vidago Palace, un drama romántico de seis capÃtulos producido pola galega Portocabo e a portuguesa Hop Filmes, ven de engadirse ao catálogo da plataforma HBO España. A serie, protagonizada por Micaela Lupu, Pedro Barroso e David Seijo, foi a primeira coprodución galego-portuguesa para Televisión de Galicia e RTP, e agora adquirida por HBO. Desde o 31 de maio está dispoñible en HBO Portugal, onde se estreou con grande éxito de público. A trama romántica de Vidago Palace transcorre no hotel e spa aberto en Vidago a comezos no século XX para recibir os persoeiros máis notables da sociedade europea. Nun contexto marcado polos Xogos OlÃmpicos de BerlÃn, a ditadura de Salazar en Portugal e o inicio da Guerra Civil en España. Mentres que o portugués Henrique Oliveira foi o responsable da creación e dirección da serie, no guión tamén participaron Pepe Coira e Araceli Gonda, traendo parte da historia á fronteira entre Galicia e Portugal no verán do 1936. No elenco atópanse destacadas actrices e actores galegos como David Seijo, Antonio Mourelos, Eva Fernández, David Novas, David Amor, Sheyla Fariña ou Xosé Antonio Touriñán. Ademais figuran no equipo recoñecidos profesionais do audiovisual galego como Alfonso Blanco na produción executiva, Ana MÃguez na produción, Xavi Font como creador da banda sonora ou Antonio Pereira na dirección de arte. Esta é a segunda serie da produtora Portocabo que podemos ver en HBO en toda penÃnsula, logo da estrea en abril nesta mesma plataforma de Auga Seca, un drama policial coproducido tamén entre España e Portugal, esta vez coa produtora lusa SP-i. Ao igual quer con aquela, Vidago Palace poderá visionarse na plataforma no seu idioma de rodaxe orixinal, en galego e portugués, pero tamén contará cunha versión dobrada ao castelán.