A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certame considera a Jorge Coira como "unha figura fundamental no desenvolvemento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos". Coira recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XVIII Festival de Cans, que terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro. Con motivo da homenaxe ao realizador o certame organizará o xoves 2 de Setembro, no CÃrculo Recreativo Cultural de O Porriño a chamada "Tarde Coira". Nela, o público poderá asistir á estrea absoluta da longametraxe documental Beiras, vivir dúas veces, sobre a poliédrica figura deste histórico polÃtico galego, codirixida por Jorge Coira, xunto co seu irmán Pepe Coira e Gaspar Broullón. Ademais o público tamén poderá asistir a un avance das primeiras imaxes inéditas da última pelÃcula que o cineasta acaba de rodar hai só uns dÃas: Proyecto Emperador, protagonizado por LuÃs Tosar, no que supón o seu reencontro profesional, e producido por Vaca Filmes. O filme terá un aforo limitado e a asistencia farase a través dunha inscrición previa on line que se abrirá nos vindeiros dÃas na web do Festival de Cans.
Desde que comezara hai 25 anos dirixindo unha curta emblemática como O MatachÃn, protagonizada xustamente por LuÃs Tosar, Coira continuou asinando longametraxes como as premiadas 18 Comidas e mais recentemente Eroski ParaÃso, que codirixiu xunto a Xesús Ron, ademais de dirixir a exitosa serie Hierro, que recibiu numerosos premios. En paralelo, Jorge Coira desenvolveu unha reputada carreira como montador, que o levou a conseguir en 2016 o Premio Goya ó mellor montaxe, polo filme El Desconocido, dirixido por Dani de la Torre. O Festival de Cans quere recoñecer tamén con este premio a Jorge Coira, a súa traxectoria e implicación nas asociacións profesionais galegas, a través de entidades como a Academia Galega do Audiovisual ou CREA, a Asociación de Realizadoras e realizadores galegos, da que foi presidente e desde a que impulsou no seu dÃa un acordo de colaboración co Festival de Cans.