23/09/2021
A Xunta lanzará un bono con descontos para o consumo cultural
A Xunta de Galicia porá en marcha este outono o Bono Cultura, un novo programa de descontos na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais, con que se ofrecerán descontos do 50 % para os clientes, cun alcance limitado a 39.000 beneficiarios. Segundo a intención do goberno autonómico trátase dunha medida cun dobre obxectivo: incentivar a demanda cultural e dinamizar o consumo de xeito seguro, así como favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto económico derivado da COVID-19. Os cálculos do executivo son que grazas a este bono -que conta cun orzamento de 1,95 millóns de euros- se mobilizarán ata catro millóns de euros nos establecementos e entidades culturais da Comunidade. .
Amplía a nova>>
22/09/2021
Dez estreas mundiais marcan a 26 edición do OUFF
Dez estreas mundiais, entre elas a
Malencolía de Alfonso Zarauza a abrir as proxeccións, aparecen como puntos fortes da vixésima sexta edición do OUFF. O Festival de Cinema de Ourense inicia este venres 24 a súa nova xeira cun programa que integra 71 produccións audiovisuais, 33 das cales contan con participación galega, 22 curtametraxes, unha serie de televisión e unha webserie. .
Amplía a nova>>
22/09/2021
Cinespaña recolle con entusiasmo o cine en galego
O audiovisual galego gaña presenza este ano na 26ª edición do festival Cinespaña de Toulouse coa proxección de ata cinco producións, tres delas dentro das seccións oficiais de competición. Este evento que terá lugar na cidade francesa entre o 1 e o 10 de outubro e en toda a Rexión de Occitania ata o 31 do mes, está organizado pola asociación AFICH (Association du Festival International du Cinéma Hispanique) e procura a promoción e difusión do cine español no país galo. No pasado ano, segundo as cifras oficiais, chegaron a venre ata 14.000 entradas de cine e tiveron unha capacidade de convocatoria para reunir ao longo do seu desenvolvemento ata 46.000 persoas. .
Amplía a nova>>
21/09/2021
O Play-Doc incrementa a súa aposta internacional
A organización do Play-Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui, presentaba este 20 de setembro a súa XVII edición. O programa desenvolverase entre o 22 e o 26 deste mes cunha forte aposta polos contidos internacionais e coas retrospectivas de Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, que participará no evento, como pratos fortes..
Amplía a nova>>
21/09/2021
'Luarada' seleccionada para o festival de Sitges
A produción
Luarada. dirixida polo ourensán Oscar Doviso, estrearase no Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya, que nesta vindeira edición, a 54ª, pon o foco sobre as representacións cinematográficas do mito do home lobo.
Luarada estrearase dentro da sección 'Coming Soon' reservada para as máis recentes produción. Ambientada e gravada en terras ourensás,
Luarada recrea a historia do lobishome galego, Manuel Blanco Romasanta, asasino en serie no rural galego, acusado de licantropía no século XIX. Os feitos hist´roricos xa deron anteriormente para outras producións cinematográficas, algunha das cales tamén se proxectará no festival catalán entre o 7 e o 17 de outubro. O filme, producido desde Zinemusik, conta no seu reparto con Helen Bertels e Marcos Vázquez..
Amplía a nova>>
17/09/2021
A Deputación de Pontevedra integra música e memoria histórica en Acorda
"Poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da músicEmilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e mais Uxía e Su Garrido interpretan os diferentes temas sonoros do proxecto, que percorre os espazos da "antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón", segundo explica a Deputación..
Amplía a nova>>
15/09/2021
A Xunta presenta en sociedade o Hub Audiovisual
Unha xuntanza do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez con asociacións e empresas audiovisuais galegas e a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG)da primeira das convocatorias do seu fondo para a atracción de rodaxes, dotada con 2 millóns de euros serviron como presentación en sociedade do previamente anunciado Hub Audiovisual da Industria Cultural. Esta iniciativa, sustentada economicamente grazas á resposta europea á pandemia a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, contará cun nun investimento de 9,6 millóns de euros durante o período 2021-2023. As súas liñas mestras inclúen a posta en marcha da Galicia Film Comission, as subvencións para o desenvolvemento de grupos de proxectos, o polo de talento do sector audiovisual, o plan creativo e empresarial para videoxogos e un fondo transversal para o conxunto da industria cultural..
Amplía a nova>>
14/09/2021
Devolvendo o golpe revélase como grande vencedora do Primavera do Cine
A longametraxe de Carlos Prado Pampín que narra a historia de superación do boxeador marinense Aarón González,
Devolvendo o golpe impúxose na décima edición do festival vigués Primavera do Cine, que fechaba as súas portas o 12 de setembro. O filme obtivo os dous principais galardóns do evento ao se facer cos premios do xurado e do público á mellor longametraxe galega. Pola súa banda,
Campo de Tiago Hespanha foi escolleito como mellor filme lusófono a concurso, mentres
Ana de Lúcia Murat conseguiu o favor do público nesta categoría..
Amplía a nova>>
13/09/2021
Premio en Venecia para 'Eles transportan a morte'
A estrea internacional do filme 'Eles transportan a norte" o pasado 7 de setembro na 36ª Semana da Crítica de Venecia, un certame paralelo á 78ª edición do Festival de Cine de Venecia, veu seguida dun notable recoñecemento. A película dirixida a dúo pola cineasta santiaguesa Helena Girón (1988) e o tinerfeño Samuel M. Delgado (1987) ven de recibir nese certame o premio Mario Serandrei - Hotel Saturnia á mellor contribución técnica desta edición. A película, rodada en galego, está producida por Filmika Galaika (Beli Martínez ao cargo da produción), xunto con El Viaje Films, La Banda Negra e a colombiana Blond Indian Films. A estrea en territorio español da ópera prima da cineasta galega Helena Girón e Samuel Delgado, Eles transportan a morte, terá lugar no marco da 69ª edición do Festival Internacional de San Sebastián, entre o 17 e 25 de setembro..
Amplía a nova>>
13/09/2021
O VIII Carballo Interplay recoñece La reina del pueblo e Mataría no seu palmarés
O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay (CIP) fechaba este sábado 11 a súa oitava edición co acto de entrega de premios. No palmarés, a produción
La reina del pueblo apareceu como clara vencedora, ao se facer cos galardóns á mellor serie estatal e mais ao mellor guión para Raúl Navarro.
Mataría, pola súa banda, obtivo o recoñecemento á mellor serie con versión orixinal en galego e conseguiu ademais o premio do público.
Mortal Glitch foi a produción escolleita polo xurado como mellor webserie internacional, mentres a mellor dirección foi a de Beatriz Abad por
Riders..
Amplía a nova>>