'Luarada' seleccionada para o festival de Sitges

O filme recrea a historia do lobishome Romasanta

21/9/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
37 lecturas | Compartido 0 veces

A produción Luarada. dirixida polo ourensán Oscar Doviso, estrearase no Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya, que nesta vindeira edición, a 54ª, pon o foco sobre as representacións cinematográficas do mito do home lobo. Luarada estrearase dentro da sección 'Coming Soon' reservada para as máis recentes produción. Ambientada e gravada en terras ourensás, Luarada recrea a historia do lobishome galego, Manuel Blanco Romasanta, asasino en serie no rural galego, acusado de licantropía no século XIX. Os feitos hist´roricos xa deron anteriormente para outras producións cinematográficas, algunha das cales tamén se proxectará no festival catalán entre o 7 e o 17 de outubro. O filme, producido desde Zinemusik, conta no seu reparto con Helen Bertels e Marcos Vázquez.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados