A longametraxe de Carlos Prado PampÃn que narra a historia de superación do boxeador marinense Aarón González, Devolvendo o golpe impúxose na décima edición do festival vigués Primavera do Cine, que fechaba as súas portas o 12 de setembro. O filme obtivo os dous principais galardóns do evento ao se facer cos premios do xurado e do público á mellor longametraxe galega. Pola súa banda, Campo de Tiago Hespanha foi escolleito como mellor filme lusófono a concurso, mentres Ana de Lúcia Murat conseguiu o favor do público nesta categorÃa.
Nos premios ás mellores curtametraxes, Catherine Murphy levou o galego por Silvio RodrÃguez. Mi primera tarea e Xosé Zapata e Lorenzo DeglÂ’Innocenti o lusófono por The Monkey. David Fidalgo Omil, pola súa banda, obtivo o galardón á mellor curtametraxe infantil con Cartas a Superman.
Fon Cortizo foi o gañador no Premio CREA á mellor dirección galega polo seu traballo en 9 Fugas, e o videoclip que Adrián Canoura asinou para o tema Veleno de Baiuca levou o galardón nesta categorÃa.