20/05/2022
Morre nun accidente de tráfico o actor Chete Lera
O actor Chete Lera morreu esta mañá nun accidente de tráfico en Málaga, ao caer por un barranco de 50 metros de altura. Lera, nacido na Estrada en 1949, tiña 72 anos. O actor, dunha dilatada traxectoria en cine, teatro e televisión, estivo moi vinculado ao cine galego e español dos anos 90, participando en numerosas producións galegas como
A noite que deixou de chover (2008), de Afonso Zarauza,
Os mortos van á presa (2006) de Ángel de la Cruz,
O neno de barro (2007) de Jorge Algora ou
Ilegal (2003) de Ignacio Vilar, xunto con películas con Fernando León de Aranoa, Alejandro Amenábar, Icíar Bollaín ou Montxo Armendáriz. .
Amplía a nova>>
20/05/2022
O Hub audiovisual convoca as axudas para o desenvolvemento de videoxogos
Apoiar novas producións de videoxogos en todo o seu proceso de creación, deseño e programación, así como de comercialización, distribución e difusión, na fase de prototipo. Este é o obxectivo da convocatoria de axudas que publica o Diario Oficial de Galicia deste 20 de xuño. A liña, dotada con 500.000 euros nace ao abeiro do Hub Audiovisual da Industria Cultural e como parte das medidas do apoio ao sector do ocio interactivo no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE..
Amplía a nova>>
13/05/2022
'Eles transportan a morte' chega hoxe aos cines comerciais
A longametraxe 'Eles transportan a morte', dirixida como 'ópera prima' polo tándem formado pola cineasta santiaguesa Helena Girón (1988) e o tinerfeño Samuel M. Delgado (1987), chega hoxe ás salas comerciais de cine en toda España. O filme poderá ser visto agora en máis de vinte cines para os vindeiros días tras do seu paso por diferentes festivais desde o pasado ano. A película pasou pola Viennale de Austria ; pola 36ª Semana da Crítica de Venecia, onde foi premiada a nivel técnico polo seu son; polo Festival de Cine de San Sebastián, onde acadou unha mención especial; polo festival Cinespaña de Toulouse, que lle deu o premio á mellor realización e mellor son e música; o OUFF, no que recibiu o Premio Xacobeo; e polo festival Novos Cinemas de Pontevedra, onde venceu na sección oficial. .
Amplía a nova>>
13/05/2022
Abre a exposición sobre Maria Casares na Coruña
O Quiosco Alfonso da Coruña acolle a exposición 'María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada'. A mostra retrospectiva realizada sobre a actriz de orixe coruñés supón o acto central do Ano Internacional María Casares, organizado polo Concello para conmemorar o centenario do seu nacemento.
A exposición contén máis de 200 pezas e fotografías que trazan unha cronoloxía da vida da actriz, desde o seu nacemento na Coruña ao seu éxito como actriz no exilio francés, pasando pola súa etapa en Madrid e a súa formación en distintos momentos. A mostra conta tamén con catro traxes orixinais utilizados por María Casares e os libros recuperados da biblioteca persoal de Santiago Casares Quiroga, pai da actriz, doados pola súa familia ao Concello. A mostra, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares a través de materiais de arquivo persoais e coleccións prestadas por 25 entidades diferentes. Esta exposición é de entrada libre e estará dispoñible ata o 25 de xullo no Quiosco Alfonso. Desde o Concello promóvese un calendario con máis de 20 actividades dinamizadoras, que van desde visitas guiadas teatralizadas á gravación dun podcast sobre a actriz, todas elas celebradas no Quiosco. .
Amplía a nova>>
13/05/2022
(S8) renóvase para a súa XIII edición
Co anuncio da estrea europea do último filme de Amy Halpern e un monográfico sobre Ute Aurand, (S8) Mostra de Cinema Periférico presentaba este doce de maio a súa XIII edición. A Coruña acollerá entre o 27 de maio e o 5 de xuño..
Amplía a nova>>
12/05/2022
Publicacións, proxectos sonoros e propostas escénicas celebran a Florencio Delgado
Cando se achega o 17 de maio, intensifícanse as iniciativas para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán, poeta homenaxeado nesta xeira do Día das Letras. Dentro das máis recentes, a Universidade de Santiago acaba de presentar
Florencio Delgado Gurriarán. O soño dunha Galicia infinda, unha obra coordinada por Dolores Vilavedra que recolle seis traballos a facer "un percorrido pola biografía literaria, humana e sociolingüística do autor" e que incrementan as achegas de investigación sobre a súa figura..
Amplía a nova>>
11/05/2022
O Polo de Videoxogos ponse en marcha coa selección dos seus membros
Logo do anuncio o pasado día 5 da constitución do Polo de aceleración do sector dos videoxogos, este organismo comeza a súa actividade oficial. O Diario Oficial de Galicia deste 11 de maio publica a convocatoria por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais da selección das empresas e proxectos que farán parte desta entidade. As firmas participantes repartirán subvencións por valor de 290.000 euros para facilitar a súa participación nas actividades da mesma..
Amplía a nova>>
09/05/2022
Raul Domingues álzase co triunfo no XVIII Play-Doc
O Play-Doc, festival de documentais de Tui, fechou este 8 de maio a súa décima oitava edición coa entrega de galardóns.
Terra que marca, do portugués Raul Domingues, foi escolleito como mellor longametraxe internacional, a recoñecer un filme "ecolóxica sensible e realizado con grande beleza", segundo destacou o xurado..
Amplía a nova>>
04/05/2022
O XIX Festival de Cans volta á primavera
Cun programa completo, a recuperar paseos en chimpíns, concertos, e de volta nas datas de primavera, o Festival de Cans presentaba este tres de maio a súa décimo novena edición. O encontro audiovisual do Porriño transcorrerá entre os vindeiros 17 e 21 de maio, cun programa que inclúe 40 actividades e 32 curtametraxes..
Amplía a nova>>
02/05/2022
Once festivais audiovisuais acadan subvencións da Agadic
A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia ven de facer pública a resolución de adxudicación da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais de 2022, pola que distribuirá 210.000 euros entre 11 certames de toda GaliciaRespecto á convocatorio anterior aumenta o orzamento desta liña de axudas (10.000 euros máis que en 2021) e repártese finalmente entre menos eventos, xa que o pasado ano foron catorce os beneficiados. O Play-Doc de Tui, que celebra a súa décimo oitava edición esta semana, do 4 ao 8 de maio conta cunha axuda de 38.473 euros a través desta liña de apoio..
Amplía a nova>>