
En Galicia a longametraxe poderá verse en 10 localidades. Ademais a película estará en Madrid, Barcelona, Bilbao, Soria, Valladolid, San Feliu de Llobregat e Tenerife. 'Eles transportan a morte' esta producida, entre outras, por Fílmika Galaika, co traballo executivo de Beli Martínez. O filme gravouse en 2019 entre Ourense e Tenerife e rodouse en galego no orixinal. Xoán Reixes, Valentín Estévez, David Pantaleón, Sara Ferro, Nuria Lestegás, Josefa Rita e Míguez Cal son os intérpretes desta historia ambientada en 1492, na viaxe de Cristobal Colón que abriu a ruta entre América e Europa e a posterior colonización do continente. 'Eles transportan a morte' narra como entre a tripulación de Colón viaxan tres homes condenados a morte que trocaron as súas condenas polos riscos da viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, fuxen cargados cunha das veas da embarcación. Mentres, no Vello Mundo, unha muller tenta salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas viaxes tratan de burlar á morte.
