Cun programa completo, a recuperar paseos en chimpíns, concertos, e de volta nas datas de primavera, o Festival de Cans presentaba este tres de maio a súa décimo novena edición. O encontro audiovisual do Porriño transcorrerá entre os vindeiros 17 e 21 de maio, cun programa que inclúe 40 actividades e 32 curtametraxes.
Segundo informou a organización, entraron a concurso na categoría furacán doce obras, das que seis delas son estreas absolutas e outras catro galegas. Entre estas, os últimos traballos de Diana Toucedo, as irmáns Also Sisters, Adriana Páramo, Aldara Pagán, Andrea Beade e Quiela Nuc ou de debutantes como Claudia Pineda, Lucía Alonso, Antía Encisa, Yasmina Farahni Luaces e Silvia Muíña.
Entre os nomes máis destacados do evento, a organización apunta a presenza de Daniel Monzón, premiado director de Las Leyes de la frontera, Celda 211 ou El Niño, que desenvolverá un coloquio co público asistente. Outro protagonista destes encontros será o portugués João Nicolau, protagonista do foco internacional desta edición, e de quen se poderán ver tres longametraxes.
A agardada serie Rapa de Jorge Coira, abrirá o certame coa estrea do seu primeiro capítulo, mentres Amparanoia será a responsable de recuperar a música ao vivo no certame, que se suspendera nas últimas edicións por mor da pandemia de Covid-19. Canda a ela, Dakidarría, Los Vinagres, Caldo, Juan Zelada ou Astrogirl fan parte da oferta sonora desta edición.
Alén pezas a concurso, o Festival estreará Sinais Furtivos, unha retrospectiva das pezas curtas de Margarita Ledo, que participará na proxección e recollerá o Premo Pedigree deste ano. Tamén estarán presentes Alfonso Zarauza , Chelo Loureiro e Javier Tolentino para presentar os seus últimos filmes Malencolía, Valentina e Un Blues para Teherán. Tolentino tamén participará na sección "A que andas?" sobre proxectos en desenvolvemento, canda a Rafa de los Arcos, Noelia Muíño, Samuel Lema, Olga Osorio e Miguel Ángel Delgado.
No apartado Correspondencias proxectarase a segunda parte do intercambio fílmico cruzado entre o galego Eloy Domínguez e o colombiano Samuel Moreno. Roteiros literarios ou musicais con Carlos Meixide, Xurxo Souto ou un espectáculo de Magín Blanco fan tamén parte desta iniciativa.