Novas | 511 a 520 de 4138

<< Anterior Siguiente >>

28/09/2021
'Eles transportan a morte' acada unha mención especial en San Sebastián

O paso da longametraxe 'Eles transportan a morte' pola 69ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián trouxo un novo recoñecemento para o palmarés que vai acumulando esta produción. O filme de Helena Girón e Samuel Delgado acadou unha mención especial do xurado da sección oficial Zabaltegui-Tabakalera, a sección competitiva máis aberta e sen limitación de formatos do veterano festival, que dá cabida ao cine que busca novas miradas e formas. os realizaadores e outros membros do equipo participaron nun coloquio no primeiro dos pases do filme no festival, no que supuxo a súa estrea en España. A estrea da película en Galicia tivo lugar a pasada semana dentro da programación do Ourense Film Festival. Amplía a nova>>

27/09/2021
O Play-Doc premia á arxentina Natalia Garayalde e na sección Galicia a Eloy Domínguez

A 17ª edición do Festival Internacional de Cinema de Tui, Play-Doc, rematou e deixou o seu palmarés oficial. O filme Esquirlas, da directora e guionista arxentina Natalia Garayalde, proclámouse triunfador do certame logo de obter o Premio Play-Doc 2021 do concurso internacional. Esquirlas parte da destrución da industria emblema da cidade da autora, a Fábrica Militar de Río Terceiro, en Córdoba. Miles de proxectís disparáronse contra o pobo que os producía. Con 12 anos, mentres tentaba escapar das explosións, Garayalde rexistrou a destrución da súa cidade cunha cámara de vídeo. Vinte anos despois atópase novamente con eses arquivos, nun momento no que a ameaza do polo industrial e militar aínda persiste no presente.. Amplía a nova>>

24/09/2021
O documental 'Negro Púrpura' chega ás salas de cine

Tras da súa proxección onte na xornada inaugural do Play-Doc de Tui, o filme documental "Negro púrpura", de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva (Illa Bufarda), comeza hoxe a súa distribución en salas de cine comerciais e cine clubes. A película chegará inicialmente a oito localidades neste primeiro período de proxeccións, sumando sete salas de cine en Galicia, unha en Barcelona e o Cine Clube de Cangas. . Amplía a nova>>

24/09/2021
Premio ' Mulleres no Foco' para Margarita Ledo, Noemí Chantada e Sonia Méndez

Nunha gran gala retransmitida en streaming e ao máis puro estilo cinematográfico no Auditorio Centro Social Afundación de Vigo, a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) fixeron entrega dos I Premios "Mulleres no Foco", que naceron para poñer en valor o traballo feminino no sector que aínda permanece invisibilizado. As cineastas Margarita Ledo, Sonia Méndez Alonso e Noemí Chantada convertéronse nas tres primeiras galardoadas por un xurado profesional de entre un total de 14 profesionais nomeadas. As premiadas recibiron de mans de Carmela Silva, a actriz Uxía Blanco e a produtora Chelo Loureiro, respectivamente, o premio deseñado pola artista Pilar Alonso. . Amplía a nova>>

23/09/2021
A Xunta lanzará un bono con descontos para o consumo cultural

A Xunta de Galicia porá en marcha este outono o Bono Cultura, un novo programa de descontos na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais, con que se ofrecerán descontos do 50 % para os clientes, cun alcance limitado a 39.000 beneficiarios. Segundo a intención do goberno autonómico trátase dunha medida cun dobre obxectivo: incentivar a demanda cultural e dinamizar o consumo de xeito seguro, así como favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto económico derivado da COVID-19. Os cálculos do executivo son que grazas a este bono -que conta cun orzamento de 1,95 millóns de euros- se mobilizarán ata catro millóns de euros nos establecementos e entidades culturais da Comunidade. . Amplía a nova>>

22/09/2021
Dez estreas mundiais marcan a 26 edición do OUFF

Dez estreas mundiais, entre elas a Malencolía de Alfonso Zarauza a abrir as proxeccións, aparecen como puntos fortes da vixésima sexta edición do OUFF. O Festival de Cinema de Ourense inicia este venres 24 a súa nova xeira cun programa que integra 71 produccións audiovisuais, 33 das cales contan con participación galega, 22 curtametraxes, unha serie de televisión e unha webserie. . Amplía a nova>>

22/09/2021
Cinespaña recolle con entusiasmo o cine en galego

O audiovisual galego gaña presenza este ano na 26ª edición do festival Cinespaña de Toulouse coa proxección de ata cinco producións, tres delas dentro das seccións oficiais de competición. Este evento que terá lugar na cidade francesa entre o 1 e o 10 de outubro e en toda a Rexión de Occitania ata o 31 do mes, está organizado pola asociación AFICH (Association du Festival International du Cinéma Hispanique) e procura a promoción e difusión do cine español no país galo. No pasado ano, segundo as cifras oficiais, chegaron a venre ata 14.000 entradas de cine e tiveron unha capacidade de convocatoria para reunir ao longo do seu desenvolvemento ata 46.000 persoas. . Amplía a nova>>

21/09/2021
O Play-Doc incrementa a súa aposta internacional

A organización do Play-Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui, presentaba este 20 de setembro a súa XVII edición. O programa desenvolverase entre o 22 e o 26 deste mes cunha forte aposta polos contidos internacionais e coas retrospectivas de Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, que participará no evento, como pratos fortes.. Amplía a nova>>

21/09/2021
'Luarada' seleccionada para o festival de Sitges

A produción Luarada. dirixida polo ourensán Oscar Doviso, estrearase no Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya, que nesta vindeira edición, a 54ª, pon o foco sobre as representacións cinematográficas do mito do home lobo. Luarada estrearase dentro da sección 'Coming Soon' reservada para as máis recentes produción. Ambientada e gravada en terras ourensás, Luarada recrea a historia do lobishome galego, Manuel Blanco Romasanta, asasino en serie no rural galego, acusado de licantropía no século XIX. Os feitos hist´roricos xa deron anteriormente para outras producións cinematográficas, algunha das cales tamén se proxectará no festival catalán entre o 7 e o 17 de outubro. O filme, producido desde Zinemusik, conta no seu reparto con Helen Bertels e Marcos Vázquez.. Amplía a nova>>

17/09/2021
A Deputación de Pontevedra integra música e memoria histórica en Acorda

"Poñer en valor lugares e feitos de memoria na provincia a través da músicEmilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e mais Uxía e Su Garrido interpretan os diferentes temas sonoros do proxecto, que percorre os espazos da "antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón", segundo explica a Deputación.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org