
O documental, rodado entre 2018 e 2020, realiza unha viaxe no tempo para contar a historia do fungo de propiedades alucinóxenas dos mil nomes (caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo, etc). Negro púrpura vai da sabedorÃa popular á ciencia, repasando a historia do cláviceps purpúrea e conectando Galicia co resto do mundo (relacionándose con multinacionais farmacéuticas, a CIA ou o nacemento do LSD) e alimenta relatos que nos son propios e nos tocan de preto, como o seu uso na medicina popular.
'Negro Púrpura' poderase ver en Santiago, no Cine Numax; en Ferrol, no Cine Dúplex; na Coruña proxectarase nas salas Cantones e Cines Yelmo Rosales; os Multicines Norte e o Cine Yelmo acollerán en Vigo pases deste documental, que tamén chegará a Lugo, no Cine Yelmo As Termas. Ademais diso en Barcelona o filme poderá verse ata o vindeiro dÃa 30 na sala Zumzeig Cinecooperativa e o CineClub Cangas fará unha proxección o vindeiro dÃa 27 de setembro. Tamén o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado un pase da pelÃcula.