13/07/2022
A Academia do Audiovisual falla os VI Premios María Luz Morales
O pasado sete de xullo a Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer o fallos dos VI Premios María Luz Morales. Estes galardóns aos mellores traballos de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual galego e internacional recoñeceron na categoría de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego a obra
Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego de Manuel Barreiro..
Amplía a nova>>
12/07/2022
María Pujalte protagoniza a XX Semana de Cine de Betanzos
O vindeiro 19 de xullo comeza a vixésima edición da Semana Internacional de Cine de Betanzos. A actriz María Pujalte protagoniza este ciclo monográfico baixo o lema "una mujer frente a la cámara" e recibirá o premio honorífico desta cita. O programa inclúe as proxeccións de
Oh Mammy Blue,
A mi madre le gustan las mujeres,
Semen: una historia de amor e
Laura y el misterio del asesino inesperado, protagonizadas por ela..
Amplía a nova>>
05/07/2022
O FanCine de Lemos celebra súa oitava edición do 6 ao 10 de xullo
Unha exposición que explora a relación entre o mundo do cinema e o dos videoxogos a partir de vinte exemplos abre este 6 de xullo no Ateneo Casino de Monforte as actividades do VIII FanCine de Lemos. As actividades deste encontro audiovisual desenvolveranse ata o vindeiro día 10 en espazos singulares desta vila ademais de nos concellos de Sober e da Pobra do Brollón..
Amplía a nova>>
27/06/2022
Xeosónica explora a identidade sonora do Atlántico
A identidade sonora do Atlántico é a base sobre a que xira o proxecto dixital Xeosónica, de Undodez, que ven de presentarse no Museo do Mar e xa está dispoñible na rede. A través desta iniciativa, o único proxecto galego seleccionado polo Ministerio de Cultura e Deporte dentro do seu programa de subvencións ao sector do videoxogo e a creación dixital, catro artistas sonoros experimentan cos ruídos asociados ao mar ao seu xeito de vida e traballos. Juanma LoDo, Carlos Suárez e Marco Maril e Acacia Ojea achegan pezas concibidas para este artefacto dixital concibido como un crebacabezas que tamén inclúe outros materiais. É o caso da curta experimental MMRRSSMM… (As músicas dos Ruídos dos Sons do Mar), do director Andrés Mahía..
Amplía a nova>>
23/06/2022
Compostela presenta un mapa dos seus cinematógrafos
Santiago de Compostela foi a última das cidades galegas ás que chegou o cinematógrafo e, porén, contou ao longo da súa historia con 21 locales de proxección, partindo desde a chegada do cine en 1900 ata as últimas salas abertas na cidade, como NUMAX ou Cinesa As Cancelas. Onte o concello presentou o mapa destes cinematógrafos, levado a cabo pola cooperativa MAOS Innovación Social e que representa sobre a cartografía a localización destas salas canda unha información básica sobre as máis relevantes. O proxecto é parte da iniciativa "Compostela filmada", un espazo "no que se recolle a intensa relación de Santiago co cinema". .
Amplía a nova>>
13/06/2022
Alberto Vázquez estrea 'Unicorn Wars' en Annecy
O festival de cine de animación de Annecy, en Francia, acollerá a estrea mundial da nova longametraxe de Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), 'Univ¡corn Wars'. O realizador e ilustrador presenta neste evento de alcance mundial o traballo ao que leva dedicado os pasados seis anos, e cuxo proxecto xa avanzou en Francia en 2018, no Cartoon Movie de Burdeos. O tres veces gañador dun Premio Goya nas categorías de animación, estrea este filme de 90 minutos dentro da sección oficial de longametraxes do certame francés, que se inicia este luns. 'Unicorn Wars' está producido en colaboración por catro empresas entre as que está Abano Producións, a produtora de Chelo Loureiro co que xa fixeran a produción de 'Decorado', que tamén lles valera un Premio Mestre Mateo. En 'Unicorn Wars' Alberto Vázquez coloca unha historia de amor fraternal nun escenario dun conflito bélico brutal e interminable entre dúas especies: os osiños e os unicornios no que é unha crítica antibelicista, moi axeitada ao momento na súa estrea..
Amplía a nova>>
10/06/2022
A serie 'Corpo do vento' explica a historia da organería galega
A serie documental 'Corpo de vento: viaxe ao corazón dos órganos galegos', realizado pola produtora Sirgo Torcendo ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega e na canle de YouTube de Política Lingüística. 'Corpo de vento' consta de catro capítulos sobre o mundo dos órganos, que ten como obxectivo achegar un amplo público ás paisaxes organísticas e á historia da organería en Galicia ao tempo que contribúe a facer do galego unha lingua asociada a ámbitos que tocan a ciencia, a historia, a técnica e a arte. Os catro capítulos, de 20 minutos cada un aproximadamente, abordan diferentes aspectos relacionados con estes instrumentos: desde o contexto xeral do órgano en Galicia até os principais instrumentos que podemos atopar na nosa terra, facendo tamén referencia aos organistas que traballaron en Galicia e aos organeiros e a industria organeira galega ao longo da Historia..
Amplía a nova>>
10/06/2022
'Ons' recibe o premio de mellor longametraxe no Celtic Media Festival
O audiovisual galego sae do encontro internacional Celtic Media Festival na Bretaña francesa con dous galardóns. No evento celebrado na localidade de Quimper outorgouse a distinción de mellor longametraxe (Single Drama –over 30 mins-), á longametraxe 'Ons', de Alfonso Zarauza e que tamén ten no seu palmarés ata nove premios Mestre Mateo do audiovisual galego en 2021. Ademais diso o programa da TVG 'Malicia Noticias' resultou premiado na categoría de Comedia. O Celtic Media Festival que promove a cultura e linguas dos países celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación, ten lugar desde hai 43 anos de forma rotatoria entre Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles e a Bretaña francesa. Nunca se celebrou aínda en territorio galego..
Amplía a nova>>
01/06/2022
Youtubeiras recupera a presencialidade na súa sexta edición
Coa chegada de xuño arrincan tamén dous dos principais certames audiovisuais en rede do país. Youtubeiras presentaba na mañá deste día 1 a súa sexta xeira, que co lema
Para rede, a nosa quere alargar a comunidade creadora galega en Internet. Para isto, o certame recupera a presencialidade no encontro creativo e nas xornadas, ao tempo que reestrutura as súas categorías e achega outras novidades..
Amplía a nova>>
27/05/2022
A Xunta incrementa nun 140 por cento as axudas aos cines grazas aos fondos Next Generation
O Consello da Xunta deu luz verde a un novo programa de axudas ás salas de cine que grazas ao Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation EU ve incrementada a súa partida en máis dun 140% respecto a anteriores liñas similares. Se no ano 2021 as axudas da Xunta ás salas cinematográficas chegou a 21 negocios de 13 localidades grazas a un orzamento de 350.000 euros, nesta ocasión están sobre a mesa case 850.000 euros que, segundo a Xunta, "Permitirán sufragar o 80% do custo destas accións ata un máximo de 21.600 euros no caso dos espazos cunha soa pantalla ata os 55.300 euros para os que teñan ata un máximo de 15". As contías adxudicadas destinaranse a proxectos que se leven a cabo ata o 20 de abril de 2023 en relación con un ou con varios dos tres eixes preestablecidos: dixitalización e aplicación de novas tecnoloxías, medidas de desenvolvemento sustentable e impacto ambiental positivo, captación e fidelización de públicos, así como innovación tanto na programación como na circulación de producións europeas e en linguas oficiais de España..
Amplía a nova>>