
O programa contará coa presenza de Inés ParÃs, que dirixu a Pujalte en dúas das longametraxes que se proxectarán, e mais Marta Sellier, sobrina tataranieta do pioneiro do cinema José Sellier. A organización destaca a "impresionante carreira cinematográfica e televisiva" que desenvolveu a actriz coruñesa homenaxeada, con dúas candidaturas aos premios Goya.
Pola sua banda, o FanCine de Lemos entregou este sábado nove os galardóns da súa oitava xeira. El Semblante, de Carlos Moriana e Raúl Cerezo foi recoñecida como mellor curtametraxe. Canibalismo, de Diego Aballe, obtivo o recoñecemento a mellor curta galega, e Covid Love de René Nuijens fÃxose co premio internacional. Oro de Manuel Valcárcel foi a obra escolleita para o premio do público e a curta Loop recibiu unha Mención Especial.