Desde este dÃa 2 e ata o vindeiro 7 de xullo Monforte de Lemos acolle a décima edición do Fancine. O Festival de Xéneros Fantásticos conta nesta ocasión con 24 curtametraxes a concurso, que se poderán ver na Casa da Cultura e mais no Cine Hollywood. Estes últimos acollerán ademais as cinco longametraxes que fan parte da programación desta xeira.
Os dous primeiros filmes da saga Pesadelo en Elm Street, o filme de animación The boy and the heron, Os reviento e a produción galega Salta! compoñen a programación de longametraxes. Ademais, a Casa da Cultura acollerá unha exposición fotográfica sobre a traxectoria do festival e a escritora Andrea Micc presentará a súa novela de debut Crónicas de Vanusum.
Antonio Mayáns, actor protagonista de Os reviento e cunha longa traxectoria no cinema de Serie B, recibirá o premio de honra do festival en recoñecemento á súa carreira. MarÃa Vázquez, Yago DÃaz e Omar Parra conforman o xurado que seleccionará os traballos gañadores desta edición.