
Hoxe dá comezo en Monforte de Lemos a undécima edición do festival FanCine de Lemos, unha cita consolidada co cine fantástico e de terror que inclúe, como sempre varias actividades no programa. Este ano a inspiración e homenaxe do festival faise arredor da aclamada pelÃcula 'Tiburón', de Steven Spielberg, que fai agora 50 anos da súa estrea con clamoroso impacto. Tamén celébrase o trinta aniversario da pelÃucla 'Jumanji' outro clásico do cine fantástico de Hollywood. Xustamente cunha exposición na Casa da Cultura Lois Pereiro sobre un dos xigantes da produción que fixo gran parte da súa carreira en España, Samuel Bronston, inaugúrase hoxe o certame. Desde hoxe e ata o vindeiro dÃa 12 de xullo poderase ver esta exposición e comezan as proxeccións de curtametraxes a concurso, asà como de longametraxes escollidos pola súa 'débeda' coa pelÃcula de Spielberg. O propgrama completo pode consultarse no sitio web do evento.