Monforte acollerá o seu primeiro festival de cinema fantástico

Fancine de Lemos celebrarase entre o 21 e o 24 de Agosto

14/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Con Narciso Ibáñez Serrador como padriño, Monforte acollerá entre os vindeiros 21 e 24 de agosto a primeira edición de Fancine de Lemos. O Festival de Cinema Fantástico nace da man do cineclub A Calexa e mais da produtora Amanita Films, e pretende amosar as mellores curtametraxes de xénero fantástico, de terror ou de ciencia ficción. Canda a estas obras, a primeira xeira dedícalle unha retrospectiva a Ibáñez Serrador, de quen se proxectarán os filmes La Residencia e ¿Quién puede matar a un niño?.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lemos, Xénero, Ciencia

Claves

Conceptos
Lugares