Su Rider e Dana fanse cos premios do FanCine de Lemos

La penumbra de Daniel Viqueira foi escolleita como mellor curtametraxe galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Su Rider e Dana fanse cos premios do FanCine de Lemos

O xurado da VII Edición do FanCine de Lemos, o Festival de Cine Fantástico de Monforte, outorgoulle o galardón desta xeira a Su rider do director Alberto Utrera. Canda a este "tenso relato que mestura o terror coa problemática social", recibiu unha mención especial a fotografía da curta Dar-Dar de Paul Urkijo. O evento celebrouse na capital da Ribeira Sacra entre os pasados 21 e 25 de xullo.

O público do festival, pola súa banda, seleccionou a curtametraxe Dana de Lucía Forner Segarra, que aborda a violencia de xénereo desde a óptica do terror. A completar o palmarés, a organización outorgoulle o recoñecemento de mellor curta galega a La penumbra de Daniel Viqueira. O xurado do FanCine estivo composto polo compositor Sergio Moure, a creadora de contivos María Yáñez e o director cinematográfico Sergio Morcillo.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lemos, Daniel Viqueira, Fotografía...

Claves

Conceptos