O Fancine de Lemos outórgalle a Javier Botet o seu premio honorífico

Isabel Coixet protagoniza a XIX Semana de Cine de Betanzos

12/7/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cine Fantástico de Monforte Fancine de Lemos acaba de dar a coñecer o programa da súa nova edición, que se celebrará entre o 25 e o 28 de xullo vindeiros. Entre as novidades, a organización anunciou a entrega do premio de honra do evento ao actor Javier Botet, coñecido polas súas interpretacións a nivel internacional de monstros en producións como Rec, A momia, It ou Slender Man. O programa da nova xeira conta coas proxeccións de vinte curtametraxes fantásticos e de terror a concurso, ademais de sesións de cinema ao aire libre con títulos como Alien, Mamá, Summer of 84 ou Ghostland. Durante o evento poderá verse a exposición Batman 80th Anniversary: In Memoriam Norm Breyfogle, que achega ilustracións orixinais deste debuxante.

Pola súa banda, entre o 15 e o 19 de xullo vindeiros a Semana Internacional de Cine de Betanzos chega á súa XIX edición cun monográfico dedicado á directora Isabel Coixet. O programa contempla tres proxeccións diarias cunha presentación e un coloquio posterior.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lemos, Betanzos

Claves

Conceptos
Lugares