Unha exposición que explora a relación entre o mundo do cinema e o dos videoxogos a partir de vinte exemplos abre este 6 de xullo no Ateneo Casino de Monforte as actividades do VIII FanCine de Lemos. As actividades deste encontro audiovisual desenvolveranse ata o vindeiro día 10 en espazos singulares desta vila ademais de nos concellos de Sober e da Pobra do Brollón.
Os videoxogos protagonizarán tamén a conferencia de Sara Álvarez Cubelos, arquitecta e artista ambiental, sobre como aplicar a arquitectura ao desenvolvemento destes proxectos, o obradoiro para desenvolver este tipo de iniciativas cunha consola GameBoy e mais a realización cun capítulo da canle de Youtube Recuncho Gamer.
En total, o evento conta con 24 curtametraxes a concurso entre os cales os actores Chechu Salgado e Sabela Arán, mailo director do Sombra Festival, Javier García Caballero, elixirán as mellores obras nas categorías nacional, internacional e galega. No programa tamén se poderán ver longametraxes coma Jacinto de Javi Camino, Resident Evil de Paul W.S. Anderson, Malencolía de Alfonso Zarauza, Belle de Mamoru Hosada ou a estrea en España de Feral, do director mexicano Andrés Kaiser.
Esta xeira homenaxeará de xeito particular o coleccionista monfortino José Luis Martínez Montero, finado en 2021, que acumulou un importante legado material sobre cinema. Un documental realizado por Alejandro García (Rufo) e unha exposición sobre a súa figura a súa obra fan parte do programa. Toda a programación do evento é de acceso libre e de balde.