11/08/2022
O Festival RiR incluirá unha homenaxe a Pedro Brandariz
O Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR chegará en setembro en Allariz a súa V edición. Se fai uns días coñecíase a artista á que se deicará o premio de honra, a actriz Isabel Risco, agora ven de presentarse o programa do evento e de darse a coñecer algúns dos nomes propios que forman parte desta edición extendida de cinco días. O xurado que este ano avaliará os filmes está composto pola "script" e montadora Alba Gallego, a actriz e presentadora Marta Doviro e o actor Fernando González. Ademais, a programación paralela de Rir, que este ano ten como festival amigo convidado ao Festival de Cine Fantástico de Lemos, inclúe a estrea da obra de teatro "Caldas e Mancho", de Héctor Martínez e Marcos Vázquez; unha homenaxe ao recentemente falecido Pedro Brandariz; a proxección do filme "Valentina", de Chelo Loureiro -patrocinado pola Deputación-; charlas literarias para presentar os novos libros de Rubén Méndez e Cristina Carro; mesas redondas; teatro infantil; un conto musical ou unha exposición de David Fernández Bueno -"Loiro"-. O Festival RIR arranca o 5 de setembro. A partir de aí, os asistentes poderán ver en sucesivos días as curtametraxes en competición, divididos en tres bloques e procedentes de España, Francia, Belarús ou Arxentina..
Amplía a nova>>
09/08/2022
O FIC Bueu medra na súa 15ª edición
O Festival Internacional de Cinema de Bueu presenta a súa 15ª edición cun amplo programa que comezará o domingo 11 de setembro e se prolongará ata o sábado 24, traendo de novo unha selección de curtametraxes nacionais e internacionais. Tras voltar á total normalidade logo de varios anos marcados pola situación derivada da crise sanitaria, o FICBUEU continúa coa progresión das pasadas edicións e presenta un novo formato que vai máis aló do festival, co claro obxectivo de poñer en valor os proxectos que se realizan durante os meses anteriores e posteriores ao evento. Así xorde a nova estrutura do FICBUEU, que se basea nas diferentes accións que realiza a organización ao longo do ano: o festival de curtametraxes, as colaboracións con festivais, asociacións e outras entidades, as xornadas cinematográficas e o futuro proxecto de residencia de creación. A programación completa xa está dispoñible no sitio web do festival..
Amplía a nova>>
09/08/2022
Catorce proxectos reparten as axudas á produción audiovisual da Agadic
.
Amplía a nova>>
05/08/2022
A Xunta activa no Hub audiovisual unha nova liña de subvencións a equipamentos técnicos
O Consello da Xunta ven de dar luz verde a unha nova liña de subvencións ao abeiro do Hub audiovisual da industria cultural, que desta volta activa un fondo de 1,3 millóns de euros para impulsar a modernización e a competitividade do conxunto do sector cultural galego mediante a adquisición de equipamentos técnicos por parte de empresas privadas e traballadores autónomos. En concreto, está prevista a concesión de ata 100.000 euros por cada proposta subvencionada para a compra de equipamentos e outros activos fixos materiais vinculados á actividade principal do solicitante, de activos fixos inmateriais, como a activación de Licenzas informáticas destinadas ao proceso produtivo, ou de servizos de software, así como para a adecuación dos espazos físicos cara á instalación dos equipamentos. .
Amplía a nova>>
02/08/2022
Ata 47 proxectos audiovisuais recibirán axudas á preprodución
Ata 12 produtoras audiovisuais galegas beneficiaranse das axudas do Hub Audiovisual da Xunta para a preprodución simultánea de proxectos. Esta liña de subvencións convocada en decembro, a segunda aberta no marco do Hub Audiovisual das Industrias Culturais do goberno autonómico, dedicará os 1,2 millóns de euros procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixo REACT-UE a propiciar o desenvolvemento simultáneo de 47 futuros proxectos para cinema, televisión e plataformas de vídeo baixo demanda. .
Amplía a nova>>
01/08/2022
Isabel Risco premiada pola súa traxectoria no Festival RIR
A actriz Isabel Risco (A Coruña, 1975) foi a elexida para levar este ano o recoñecemento honorífico do premio RIR Contigo do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiR, de Allariz. Risco é unha coñecida actriz de comedia en teatro e audiovisual, entre os seus traballos máis recentes está a serie "Nabiza Girl", cunha personaxe dunha webserie creada por ela en pezas de YouTube. No ano 2020 foi designada pola Asociación de Actrices e Actores de Galicia (AAAG) para ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. O festival RIR, que celebrará a súa 5ª edición entre os vindeiros 5 e 10 de setembro, fai así unha homenaxe a esta intérprete vencellada á comedia e ao humor. Nos vindeiros días coñecerase a Selección oficial do festival, que incluirá ata 37 curtametraxes..
Amplía a nova>>
29/07/2022
Evaristo Calvo será o Xograr de Outono do FIOT
O actor Evaristo Calvo ( A Coruña, 1961) ven de ser designado 'Xograr de Outono' da vindeira edición do FIOT de Carballo. O Festival internacional de Outono de Teatro de Carballo, que este ano celebrará a súa 31ª edición, fixo este anuncio tras das asemblea anual dos seus socios, celebrada onte. O actor recibe así a distinción de honra deste veterano certame que o xurado do premio basea no carácter e selo propio que o intérprete soubo achegar co seu traballo ao longo da súa carreira, na que leva dedicado ao teatro desde os anos 80. O xurado lembra que Calvo ten participado en máis de 30 espectáculos durante todos estes anos, sendo tamén actor de cine e televisión. O actor asinou o pasado ano 2021 o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na acta pola que se designa a Evaristo Calvo destácase del que "coa súa enerxía actoral peculiar, a súa agudeza creativa e o seu dilatado oficio, Evaristo soubo dar vida ás máis inesquecibles e orixinais criaturas escénicas, sendo hoxe un dos cómicos de referencia no teatro galego". O 31 FIOT celebrarse en outubro na localidade coruñesa. .
Amplía a nova>>
26/07/2022
O director Jaime Chávarri leva a Calpurnia de Honra do OUFF
O cineasta Jaime Chávarri (18 de marzo do 1943, Madrid) recibirá a Calpurnia de Honra do 27º Festival Internacional de Cinema de Ourense - OUFF, que se celebrará entre o 23 de setembro e o 1 de outubro deste ano. Ademais, o festival publicará un volume arredor da súa figura a cargo do crítico Alberto Abuín, dentro da súa colección MonografíasOUFF. Chávarri comezou a súa carreira como realizador en 1967, coa adaptación da obra teatral de Fernando Fernán Gómez 'Las bicicletas son para el verano' (1984), logrou o seu maior triunfo comercial. Con 'Las cosas del querer' (1989), homenaxe encuberta á gran figura da canción española Miguel de Molina, conseguiu outro estimable éxito. Na última etapa da súa carreira estreou, entre outros títulos, 'Tierno verano de lujurias y azoteas' (1993), 'El año del diluvio' (2004), baseada na novela homónima de Eduardo Mendoza, e 'Camarón' (2005), filme biográfico sobre o cantaor flamenco Camarón de la Isla. O premio recoñece a súa traxectoria e, ademais, o seu compromiso coa terra ourensá, xa que Chávarri ven de rodar a longametraxe "La Manzana de Oro" en Ourense, un proxecto patrocinado pola Deputación que agardan que poida ser proxectado durante o festival. Con esta comedia o director regresa ao cine tras case dúas décadas de ausencia..
Amplía a nova>>
21/07/2022
Netflix incorpora a película 'Live is Life' de Dani de la Torre
Estreada en cines o pasado mes de xuño, a máis recente película do realizador monfortino Dani de la Torre, 'Live is Life. La gran aventura', ven de incorporarse ao catálogo da plataforma Netflix. A historia ambientada na Ribeira Sacra no ano 1985, basease nun guión de Albert Espinosa e tanto no apartado técnico coma no reparto hai numerosa presenza galega, ademais dos propios escenarios naturais da película rodada en Monforte e Pantón. 'Live is Life. La gran aventura' (Atresmedia Cine, 4 Cats Pictures e Live is Life AIE),é unha longametraxe sobre un grupo de amigos entrando na adolescencia, cos problemas do mundo real aparecendo nas súas vidas. Nela o protagonista, Rodri, viaxa como cada verán desde Cataluña á aldea galega de orixe dos seus pais, onde ten ao seu grupo de amigos do verán. Alí un deles está a pasar por un cancro e entre todos buscarán o xeito máxico de resolver ese problema meténdose nunha aventura de busca dun remedio. A película foi rodad en castelán e non dispón polo de agora de opcións de audio ou subtítulos en galego..
Amplía a nova>>
20/07/2022
A residencia para cineastas de Oliver Laxe ponse en marcha
O desenvolvemento de proxectos cinematográficos a través dun retiro de traballo é o obxectivo das residencias "Proxectos creativos e esenciais" que ven de poñer en marcha o cineasta Oliver Laxe e a Asociación SER na localidade de Vilela en Os Ancares (Lugo). O realizador de 'O que arde' e outras películas participará tamén como asesor para as quince persoas que entren finalmente cos seus proxectos nesta residencia de dez días de duración e convivencia que terá lugar entre o 2 e o 11 de setembro e cuxo prazo de inscrición xa está aberto en casaquindos.org..
Amplía a nova>>