O Festival Internacional de Curtas de Comedias RIR chegará en setembro en Allariz a súa V edición. Se fai uns dÃas coñecÃase a artista á que se deicará o premio de honra, a actriz Isabel Risco, agora ven de presentarse o programa do evento e de darse a coñecer algúns dos nomes propios que forman parte desta edición extendida de cinco dÃas. O xurado que este ano avaliará os filmes está composto pola "script" e montadora Alba Gallego, a actriz e presentadora Marta Doviro e o actor Fernando González. Ademais, a programación paralela de Rir, que este ano ten como festival amigo convidado ao Festival de Cine Fantástico de Lemos, inclúe a estrea da obra de teatro "Caldas e Mancho", de Héctor MartÃnez e Marcos Vázquez; unha homenaxe ao recentemente falecido Pedro Brandariz; a proxección do filme "Valentina", de Chelo Loureiro -patrocinado pola Deputación-; charlas literarias para presentar os novos libros de Rubén Méndez e Cristina Carro; mesas redondas; teatro infantil; un conto musical ou unha exposición de David Fernández Bueno -"Loiro"-. O Festival RIR arranca o 5 de setembro. A partir de aÃ, os asistentes poderán ver en sucesivos dÃas as curtametraxes en competición, divididos en tres bloques e procedentes de España, Francia, Belarús ou Arxentina.