Compostela presenta un mapa dos seus cinematógrafos

Pódese descargar no web municipal

Pódese descargar no web municipal
Cinematógrafos de Santiago. Imaxe: Concello de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela foi a última das cidades galegas ás que chegou o cinematógrafo e, porén, contou ao longo da súa historia con 21 locales de proxección, partindo desde a chegada do cine en 1900 ata as últimas salas abertas na cidade, como NUMAX ou Cinesa As Cancelas. Onte o concello presentou o mapa destes cinematógrafos, levado a cabo pola cooperativa MAOS Innovación Social e que representa sobre a cartografía a localización destas salas canda unha información básica sobre as máis relevantes. O proxecto é parte da iniciativa "Compostela filmada", un espazo "no que se recolle a intensa relación de Santiago co cinema".