10/11/2004
Stephen Frears abrirá o II Congreso Galego do Audiovisual
Do 16 ao 18 de decembro todos os que fan posíbel o audiovisual galego xuntaranse no II Congreso Galego. Moitas cousas cambiaron desde a primeira edición, hai agora dez anos, e entre elas a estruturación do sector xa é unha realidade. As reivindicacións non pasan agora por crear un audiovisual galego, senón pola súa internacionalización. Por iso a organización trae ao evento a unha figura do panorama internacional, o director británico Stephen Frears. O realizador de cintas como "As amizades perigosas" ou "Negocios ocultos" estará presente en Compostela para explicar a súa visión do cine europeo e explicar as diferenzas entre as producións europeas e as americanas
Máis información no web da Academia e en La Voz de Galicia
.
Amplía a nova>>
09/11/2004
Ourense dedica unha rúa a Pilar Miro no marco de actos do Festival de Cine de Ourense
A terceira xornada do Festival de Cine de Ourense centrouse na figura da cineasta Pilar Miro, quen protagonizaba a sección “Cine en Feminino”. Na súa honra se celebrou unha mesa redonda na que participaron o seu fillo, Gonzalo Miro, os actores José Sacristán e José Manuel Cerviño, o director da revista Cinemanía, Javier Ángulo e o subdireitor do Instituto Nacional de Cine e Audiovisuais de Arxentina, Carlos Morelli. Personalidades que logo de destacar o carácter valente da cineasta acudiron ao barrio ourensá de O Vinteún para destapar unha placa dunha avenida que pasou a chamarse “Pilar Miró”. A xornada de hoxe acolle novas proxeccións, e estreas, entre as que destaca a presentación dos traballos de Vaca Films, que levarán imaxes da súa última longametraxe “Somne”, que protagoniza Goya Toledo e que se rodou en Compostela.
Máis información no web do Festival
.
Amplía a nova>>
08/11/2004
O Concello de Santiago entrega hoxe o premio especial a Manoel de Oliveira
O cineasta portugués Manoel de Oliveira recollerá hoxe o premio especial Cineuropa 2004 por toda a súa cinematografía. A organización do festival entregará o premio e logo proxectará a súa película máis coñecida "O quinto imperio". O traballo de Manuel de Oliveira volverá á programación do Teatro Principal o 1 de decembro, cando comece o ciclo de homenaxe no que se proxectará a súa filmografía e que tamén se poderá ver no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
Máis información en La Voz de Galicia e consulta o programa no web do Concello de Santiago
.
Amplía a nova>>
05/11/2004
O Consorcio e o Clúster desenvolven dúas xornadas para fomentar a produción e a externacionalización dos produtos galegos
O Clúster por unha banda e o Consorcio pola outra acaban de organizar dúas xornadas para fortalecer o sector audiovisual galego. O Clúster convoca o vindeiro 14 de decembro na Coruña a todos os que conforman o tecido audiovisual co obxectivo de poñelos en contacto e se poidan materializar os proxectos. E máis cedo, o vindeiro 15 e 16 deste mes en Santiago, o Consorcio desenvolverá o seminario "Mercado exterior do cine español" . Alí se pretenden estudar as tácticas de venda das principais produtoras, ver o papel que xoga a prensa especializada e os axentes de venta. Ao final deste mesmo marco presentarase o Plan de Internacionalización do Audiovisual Galego.
Máis información sobre o Clúster e o Consorcio nas súas fichas
.
Amplía a nova>>
03/11/2004
Dygra colaborará co centro de estudo de anatomía da animación que ten a Universidade de Salamanca
Dygra é noticia en Salamanca por dous motivos. Por unha banda porque vén de inaugurar nesta cidade a súa exposición interactiva sobre a película “O soño dunha noite de San Xoán”e, pola outra, porque acaba de anunciar que colaborará coa Universidade de Salamanca no centro que a institución académica ten e no que se estuda anatomía da animación. O proxecto verá a luz o vindeiro 11 de novembro coa sinatura dun convenio coa institución académica.
Máis información na nosa ficha en AVG
.
Amplía a nova>>
02/11/2004
Manuel De Oliveira será o homenaxeado da XVIII edición de Cineuropa
O audiovisual enche estes días as rúas de Compostela. En primeiro lugar porque o Pazo de Congresos celebra un foro de coprodución entre produtores galegos e valenciás. E en segundo lugar porque o Teatro Principal inaugura unha nova edición de Cineuropa. Un evento que ten un nome propio, o de Manoel de Oliveira, que estará o día 8 para recoller o premio "Cineuropa 2004" e a súa produción a través dun ciclo de cinema. Para evitar as colas máis de setenta películas, a organización estabeleceu que todas as entradas estean numeradas, alén da venta por internet e por teléfono inaugurada o ano pasado. O evento, que se desenvolverá até o 30 deste mes, incluirá primicias como a versión definitiva de "2046" que Wong-Kar-Wai no último festival de Cannes e "In viaggio co Che" de Gianni Miná.
Máis información no canal de cine de El Correo Gallego
.
Amplía a nova>>
29/10/2004
O Festival de Cine de Ourense presenta o seu programa no que consolida a súa traxectoria
Máis internacional, os últimos títulos de cineastas reputados e a presenza de artistas recoñecidos. Estes son os ingredientes que avalan a calidade da novena edición do Festival de Cine Independente de Ourense. O cartel definitivo do programa presentouse onte no que se confirmaron o xa avanzado a contagotas: José Sacristán será o Premio Concello de Ourense, Juan Antonio Bardem premio Memoria Histórica e o cine de Pilar Miro protagoniza a sección "Cine en Feminino", alén da presenza do cinema brasileiro como país convidado. Na rolda de prensa avanzouse tamén que o orzamento desta edición é de 369.000 euros e que na sección de actividades paralelas figura a xornada "Novas tecnoloxías no cinema" que se desenvolven no Parque Tecnolóxico. Ademáis, o crítico de cine e profesor Miguel Anxo Fernández recibirá de mans de Sergi Mateu o premio honorífico da Fundación Aisge pola súa traxectoria.
Máis información en La Región e na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>
28/10/2004
A película "Head-On" abrirá o 4 de novembro a decimoitava edición de Cineuropa
Comeza a abrir boca Cineuropa, o evento cinematográfico por excelencia do mes de novembro compostelá. Inaugurarase o día 4 con "Head-On", a película de Fatih Akin que narra a historia dun casamento prohibido. Un filme que chega co "Oso de Ouro" da pasada edición da Berlinale e que se trata dunha estrea. Aínda que o programa definitivo non se coñecerá até a vindeira semana, están confirmadas as películas de Ken Loach ("Ae Fond Kiss"), Theo Angelopoulos ("Trilogy:Eleni"), Emir Kusturica ("Life is a miracle"), Lars Von Trier ("Five conditions"), Stephen Frears ("Dirty pretty things") ou Michael Winterbottom ("Nine songs"). Entre as seccións habituais incorpórase unha nova sobre cinema fantástico inédito no que se proxectará "Dead end" de Jean Baptiste André.
Máis información en Vieiros e na edición Santiago de La Voz de Galicia
.
Amplía a nova>>
28/10/2004
A Xunta quere modificar a Lei do Audiovisual para regular as emisións infantís
O goberno está interesado en protexer a audiencia infantil de contidos televisivos inapropiados. Por iso vai presentar unha proposta que modifique a Lei do Audiovisual para que inclúa unha serie de recomendacións a este respecto que afecten á TVG e ás canles locais. Ademais, a Xunta encargará un estudo para incluír na lei a creación do Consello Asesor da Compañía da Radio Televisión de Galicia e do estatuto da entidade. Foron as principais conclusións da reunión da Comisión Permamente que copresidiron Xesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura e Juan Rodríguez Yuste, titular de Industria, quen anunciou que Galicia terá banda ancha no 90% do territorio no prazo de dous anos.
Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego
.
Amplía a nova>>
26/10/2004
A película arxentina “Conversas con mamá” abrirá o Festival de Cine de Ourense
O vindeiro 6 de novembro terá lugar a gala de inauguración do Festival de Cine Independente de Ourense, para a que organización do festival acaba de reservar a proxección da película “Conversas con mamá” . É o filme do arxentino Carlos Oves interpretado por Eduardo Blanco que estará na cidade das Burgas. Ademais, entre a última hora dun certame que entregará a José Sacristán o premio Cidade de Ourense, destaca a confirmación da presenza da presidenta da Academia Europea de cine, Assumpta Serna, que presentará os premios do cine europeo, que se entregarán en decembro en Barcelona.
Máis información en La Región e no web do Festival e na nosa hemeroteca
.
Amplía a nova>>