Novas | 3941 a 3950 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

25/10/2004
O Liceo-Casino de Vilargarcía premia unha curtametraxe que recrea un complot contra dun árbitro nun derbi local

Domingo pola tarde. Un traballador vístese de curto para poñer orde nun derbi de fútbol local. O que non sabe é que existe un complot na súa contra. Este é o argumento de “O que o ollo non ve” co que José Braña (Oviedo, 1973) se fixo co primeiro premio do Certame Audiovisual de Vilagarcía. O segundo premio foi para “Minotauromaquia” de Juan Pablo Etcheverry e o terceiro para “10 minutos” de Alberto Ruíz. No apartado de Novos Realizadores o xurado premiou “A ruta natural” de Álex Pastor e “O sétimo mandamento” de Lluis Hereu. O Premio Galicia foi para Jorge Candán e o seu “Mar de estrelas eo vilagarcían Fran Estevez obtivo con “Metamorfosis” o premio que conceden aos realizadores locais. . Amplía a nova>>

21/10/2004
Produtores galegos e portugueses presentarán 53 proxectos nun foro para facer realidade estas ideas

O Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto Valencia de cinematografía traballan xuntos en impulsar ambos os dous audiovisuais. E nesa direción apunta o Foro de coprodución que se desenvolverá en Compostela do 3 ao 5 de novembro e que terá unha segunda parte en Valencia o ano que vén. A primeira parte pretende fomentar encontros entre produtores, entre as televisións autonómicas ademais da proxeción dun ciclo de cine valenciá.

Máis información no web Consorcio Audiovisual de Galicia

. Amplía a nova>>

20/10/2004
O documental de Margarita Ledo proxéctase na na Filmoteca de Madrid e compite no Festival Internacional de Documentário de Lisboa

A historia do secuestro do trasatlántico venezolano "Santa Liberdade" a cargo dun comando formado por galegos e portugueses chega a Madrid. Concretamente á Filmoteca Nacional onde se exhibirá o día 27. E de aí irá a Lisboa, a competir no Festival Internacional de Documentário que se desenvolve na capital portuguesa.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Festival

. Amplía a nova>>

20/10/2004
O CGAC e o MARCO acollen proxeccións de curtametraxes

As curtametraxes de Juan Pablo Etcheverry exporanse até o vindeiro domingo no Centro Galego de Arte Contemporánea (de 11:00 a 20:00 horas). Un total de sete traballos que tamén se poden ver mañá no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) a partir das 20:00 horas dentro dun programa que se chama "Noites de estrea" . Este festival de curtametraxes comeza hoxe no centro vigués coa proxección da curta "A caixa de migas" de Víctor García e Michelle McGauchie.

Máis información sobre as proxeccións do CGAC no web de Santiago Turismo e no web do MARCO

. Amplía a nova>>

15/10/2004
Juan Pinzás roda en Compostela “O desenlace” co que pecha a súa triloxía e o movemento dogma

A última longametraxe que recibirá o certificado dogma en España ródase estes días en Compostela. Trátase de “O desenlace” dirixida por Juan Pinzás e coa que se pecha a triloxía iniciada con “Érase outra vez”. O filme está protagonizado por José Sancho, Javier Gurruchaga, Carlos Bardem e os galegos Miguel Insua e Isabel de Toro. E de audiovisual estará tamén Figueira da Foz, que acolle esta fin de semana un ciclo de cinema para promover no país luso a cinematografía de Galicia.

Máis información en AVG sobre Pinzás, e sobre o ciclo de cinema en La Voz de Galicia

. Amplía a nova>>

13/10/2004
A Unión Europea fomenta estudos sobre a animación en Galicia e Portugal

A animación creada en Galicia e Portugal ten un nome propio: Anima transfront. Baixo este título a Unión Europea destina 175.000 euros dos fondos Feder para a realización dun estudo estratéxico, o desenvolvemento de series de animación, a organización de obradoiros de encontro, alén dun ciclo de itinerante de cinema de animación. Dentro deste proxecto a Unión Europea editará un libro e un DVD no que se recollerán as solucións propostas e os traballos proxectados entre Galicia e Portugal.

Máis información no web do Consorcio Audiovisual de Galicia

. Amplía a nova>>

11/10/2004
A Fundación Araguaney organiza un foro e exhibición para achegar o audiovisual árabe

O mércores 13 comeza en Compostela unha nova edición de Amal, a mostra de cine árabe que organiza a Fundación Araguaney. Un evento que pretende achegar o audiovisual árabe por dúas vías: por unha banda con proxeccións que se desenvolverán no Teatro Principal, e pola outra mediante un foro que pretende sentar aos responsábeis das televisións, directores de cine e produtores para iniciar un fluxo continuo de colaboracións entre os dous sistemas audiovisuais: o galego e o árabe.

Máis información no web do Festival

. Amplía a nova>>

08/10/2004
Loach, Kusturica e Xabier Bermúdez compiten pola Calpurnia á mellor película

Nos últimos anos o Festival de Cine Independente de Ourense notou un incremento de participación. Pero nesta novena edición non só se repetiu a tónica xeral, senón que entre a nómina de directores que compiten pola Calpurnia á mellor película están cineastas tan reputados como Ken Loach (con “Ae fond kiss”) ou Emir Kusturica (Con “A vida é unha milagre”). Entre as trinta longametraxes a competición destaca “León e Olvido” do ourensá Xabier Bermúdez. O Gran Premio á mellor película está dotado con 18.000 euros, o premio do público é de 4.300 euros e o do mellor director é de 3.700 euros. En total este ano o festival repartirá 250.000 euros en premios.

Máis información no web do Festival no seu web e na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

08/10/2004
Filmax Entertainment conclúe a ampliación de capital coa incorporación de Caixa Galicia

A través da Sociedade Xestora de Fondos de Capital Risco, GesCaixa, SA, Caixa Galicia acaba de entrar no accionariado de Filmax Enternainment. Tras a ampliación de capital por importe de cinco millóns de euros, a entidade financeira participa cun 7,79% do capital social do grupo. Deste xeito péchase a ampliación de capital que a produtora que dirixe Julio Fernández comezou o ano pasado para posicionarse como un estudo independente de referencia para potenciar a súa participación en mercados internacionais.

Máis información en La Opinión e sobre Filmax na súa ficha

. Amplía a nova>>

07/10/2004
A Galicia Film Commission ofrecerá os seus servizos na provincia de Lugo e Ourense

As deputacións de Lugo e de Ourense acaban de asinar un convenio coa Galicia Film Commission para ofrecer servizos ás rodaxes. E isto implica que a film commission prestará ás oficinas provinciais asesoramento para desenvolver o traballo de facilitar as rodaxes nos seus territorios. O anuncio da sinatura fíxose no marco dun dos encontros que a Film Commission organizou por diferentes puntos para explicar o seu traballo. Polo demais, espérase que en breve se asine un convenio semellante coa deputación de Pontevedra, aínda que de momento non ten data fixada.

Máis información sobre os servizos da Galicia Film Commission no seu sitio web e sobre o acordo no web do Consorcio Audiovisual 

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org