O Liceo-Casino de Vilargarcía premia unha curtametraxe que recrea un complot contra dun árbitro nun derbi local

Os premios do liceo

Domingo pola tarde. Un traballador vístese de curto para poñer orde nun derbi de fútbol local. O que non sabe é que existe un complot na súa contra. Este é o argumento de “O que o ollo non ve” co que José Braña (Oviedo, 1973) se fixo co primeiro premio do Certame Audiovisual de Vilagarcía. O segundo premio foi para “Minotauromaquia” de Juan Pablo Etcheverry e o terceiro para “10 minutos” de Alberto Ruíz. No apartado de Novos Realizadores o xurado premiou “A ruta natural” de Álex Pastor e “O sétimo mandamento” de Lluis Hereu. O Premio Galicia foi para Jorge Candán e o seu “Mar de estrelas eo vilagarcían Fran Estevez obtivo con “Metamorfosis” o premio que conceden aos realizadores locais.