Un madrileño gaña con “El cumpleaños de Carlos” o primeiro premio da XXX Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía

Un aniversario a dúas bandas

21/10/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“El cumpleaños de Carlos” (do madrileño José Javier Rodríguez) é o título da curtametraxe gañadora do XXX edición do Certame Audiovisual do Liceo-Casino de Vilagarcía. O segundo premio foi para Mario Iglesias por “Corten”; o terceiro para Luis Moreno, de Guadalaxara, por “250 bocadillos de mortadela”. O cuarto e o quinto premio recaeron en Trece Producciones de Madrid por “VO” e en José María Goenaga por “Tercero B”. Ademais, no apartado que premia ós novos realizadores, destacouse o traballo do catalán Marc Riba con “El negre es el color dels deus” e de Nelly Regueira por “Ausencias”.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, Mario Iglesias, Deus, Madrid

Claves

Protagonistas
Conceptos