“Espermatozoides” faise co primeiro premio do XXXIII Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía

En curto

24/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O certame máis antigo do audiovisual galego, o Liceo Casino de Vilagarcía, entregou esta fin de semana os seus premios. O 2.00 euros do primeiro premio ao mellor audiovisual foi para Isabel de Ocampo por “Espermatozoides”, seguido por “O soñador” de Oskar Santos, con 1.500 euros e por Vicente Villanueva con e “O futuro está no porno”, con 1.000 euros. Javier Roldan levou o premio a novos realizadores por “Antonio Revisitado” e os 300 euros de áccesit foron para “Ata a morte” de Juan Pérez-Fajardo. Completan o palmarés “A boa caligrafía” (premio Galicia), “Machulenco” (premio Liceo Casino) e, "Tadeo Jones" de Enrique Gato, que repite premio xa que esta fin de semana tamén se fixo co premio na categoría de animación do festival Curtocircuito.

Máis información no web do Festival

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, Animación, Morte

Claves

Conceptos
Lugares