O Festival Liceo de Vilagarcía cumpre corenta edicións difundido curtametraxes

Adiántase ao mes de agosto para darlle máis afluencia ao certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É o máis lonxevo de Galicia e un dos máis veterás do Estado. O Festival Liceo de Vilagarcía cumpre corenta anos fiel aos seus principios, que eran os de achegar ao público este formato ao tempo de promover as produción dos novos creadores. A edición deste ano cambia de nome a Curtas Film Fest (mantén a lenda de Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino de Vilagarcía) e de datas, xa que se adianta ao mes de agosto (tradicionalmente se celebraba en novembro). Xa se coñecen os finalistas a mellor realizador novel (300 euros máis trofeo), a mellor curta de animación (600 euros máis trofeo) e ao premio grande, a mellor audiovisual (1.000 euros máis trofeo). A cita comeza mañá e estenderase ata o vindeiro sábado, cando terá lugar a gala de clausura.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilagarcía, Animación

Claves

Conceptos
Lugares