Novas | 3951 a 3960 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

07/10/2004
O director ferrolá Rubén Coca leva a súa cuarta curtametraxe a festivais nacionais e internacionais

En outubro irá aos certames de Manresa, Ponferrada, Dúas Irmás, Xerez, Bos Aires e Thesasaloniki (Grecia) e en novembro a Berlín e a Ourense. É o circuíto que seguirá “Notamotof” a cuarta curtametraxe do director ferrolá Rubén Coca. Un traballo que forma parte do catálogo Curtas 04 do Consorcio Audiovisual de Galicia.

Máis información sobre Curtas 04 na nosa hemeroteca

. Amplía a nova>>

05/10/2004
Os guionistas poderán presentar os seus proxectos aos productores no Festival de Cine de Ourense

A sección "Título provisional" do Festival de Cine Independente de Ourense naceu o ano pasado para servir de punto de encontro entre profesionais para vender e facer negocio cos proxectos audiovisuais. Se o ano pasado se centraba nun contacto entre produtores, canles de televisión e distribuidores e financiadores, este ano trátase entre guionistas e produtoras. Os guionistas interesados en participar poden remitir os proxectos que queiran presentar á organización do festival até o 23 de outubro.

Máis información no wed do Festival

. Amplía a nova>>

05/10/2004
A produtora Anxo Fernández roda un documental sobre o músico Andrés Dobarro

Andrés Dobarro foi un fenómeno musical galego dos anos setenta que compuxo cancións tan coñecidas como "O tren", "Corpiño xeitoso" ou "Teño saudade". Sobre a súa vida e obra a produtora coruñesa Anxo Fernández está a pór en marcha un documental eu está a rodar en Monforte. Outra rodaxe que xa concluíu foi a de "A outra Galicia", que produtora Saga TV realizou en terras polacas a partir dun guión de Xandra Tedín e Brian Boyle e coa dirección e fotografía de Marcos Gallego. Este documental é unha viaxe a través do tempo e do espazo da man da xornalista e escritora galega Sofia Casanova morta en Poznán, Polonia en 1958. Por último, dous equipos de Ibisa TV rodarán en Marrocos a primeira serie de televisión coproducida co país alauí e que levará por título "Hannan, o que nos une".

Máis información sobre a ”A outra Galicia” de Saga TV; a serie de “Hannan, o que nos une”, coproducida por Ibisa TV, Televisión de Galicia e Localia

. Amplía a nova>>

04/10/2004
O CGAI organiza un ciclo coas películas que se basearon nos textos de Emilia Pardo Bazán

A relación entre Emilia Pardo Bazán e o mundo do audiovisual vai máis alá que a coñecida saga televisiva de "Os pazos de Ulloa". Por iso, o Centro Galego das Artes da Imaxe inaugura mañá martes con "A serea negra", un ciclo no que se proxectan catro producións baseadas nos seus textos. Con "O indulto", "Ópera en Marineda" e cos catro capítulos de "Os pazos de Ulloa" repartido en dúas días complétanse as funcións que terán lugar no CGAI e no museo da rúa Tabernas.

Máis información no web do CGAI     

. Amplía a nova>>

01/10/2004
Minotauromaquia gaña o primeiro premio do festival de animación de Chieti

A capacidade para trasladar e asimilar o universo pictórico de Picasso acaba de valerlle á curtametraxe "Minotauromaquia" o Gran Premio do Matita Film Festival. Trátase do festival de animación que se desenvolve na localidade italiana de Chieti. A curtametraxe poderase ver en Santiago o vindeiro 15 de outubro no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Máis información na súa ficha

. Amplía a nova>>

30/09/2004
Sete produtoras acoden a Cannes dentro da caseta propia que terá Agapi

Continental Producións, Ibisa Televisión, Anxo Fernández Producións, Aldea Films, Vaca Films Studio, Interación C.I.M. e Studio XXI estarán do 4 ao 8 de outubro no MIPCOM, o principal mercado de programas de televisión do mundo que se celebra en Cannes. E fanno dentro de AGAPI que acode ao mercado por primeira vez cunha caseta propia. E máis preto, en Sitges a produtora Filmax presentará na sección oficial Fantastic a súa produción "The machinist", que se estrea estes días nos Estados Unidos. O festival de cine de Sitges desenvolverase do 2 ao 11 de decembro e incluirá unha retrospectiva sobre a Europa Imaxinaria, así coma un forum sobre ciberrealidade e unha homenaxe a Godzilla.

Máis información sobre as productoras Continental, Ibisa,  Vaca FilmsFílmax  e Agapi en AVG e sobre o festival de Sitges e Aldea Films nos seus webs

. Amplía a nova>>

29/09/2004
Os anuncios de Estrella Galicia, Grupo Radio Vigo e Caramelo premios de publicidade en Galego

O anuncio de Estrella Galicia realizado pola axencia Imaxe Intermedia acaba de recibir o premio ao mellor anuncio televisivo en galego. Na categoría radiofónica o premio foi para o Grupo Radio Vigo polo anuncio “Galicia, terra de acollida” e no de internet recibiu mención especial “Galicia ten futuro” que realizou a empresa Interacción para a páxina web de Caramelo. Foron os premiados na XI edición dos Premios de Publicidade en Galego que están convocados polo Consello Asesor da RTVE en Galicia.

Máis información sobre o Consello Asesora da RTVE en Galicia nesta páxina

. Amplía a nova>>

27/09/2004
A semana de cine de Lugo baralla ampliar o certame e cambialo de datas

A semana de Cine de Autor de Lugo presentouse esta edición cun cartel ampliado e reforzado, con novas seccións e a presenza de figuras do mundo cinematográfico. E o público respondeu a esta nova proposta, tal e como comunicou o director do festival , Manuel Curiel no último día do certame. E isto leva á organización a barallar un novo escenario para este evento que ten 26 anos: amplialo a 15 días e implicar ao público universitario, para o que cumpriría trasladalo até decembro.

Máis información en El Progreso

. Amplía a nova>>

24/09/2004
Profesionais da animación piden a implicación das televisións para producir series

Os profesionais dedicados ao campo da animación aproveitaron a cita do Cartoon Forum que se celebra en Santiago para pedirlles ás televisións o seu apoio para producir series e así poder competir coas industrias xaponesas e americanas. O foro continúa até mañá, día no que se entregarán os premios Cartoon d'Or, certame que recoñece o labor dos novos talentos da animación europea. As curtametraxes finalistas son "Concert for a carrot píe", Heiki Ernits e Janno Pöldma (Estonia); "Fast film", de Virgil Widrich (Austria / Luxemburgo); "The crab revolution" de Arthur de Pins (Francia); "The phantom inventory" de Franck Dion (Francia); e "Through my thick glasses" de Pjotr Sapegin (Noruega).

Máis información no web do Cartoon Forum (en inglés)

. Amplía a nova>>

21/09/2004
A productora Continental amplía a súa liña de traballo creando a división de animación

“A aventuras de Boomerang”, “Xoán sen medo” e “Saltinhos” son os tres títulos cos que a productora coruñesa Continental dá o salto á animación. E faino creando “Continental animación” a división dedicada a “financiar e desenvolver proxectos de animación de vocación internacional especialmente innovadores”, segundo fixo público a empresa nun comunicado.

Máis información sobre as producións de animación na hemeroteca de AVG

. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org