Andrés Dobarro foi un fenómeno musical galego dos anos setenta que compuxo cancións tan coñecidas como "O tren", "Corpiño xeitoso" ou "Teño saudade". Sobre a súa vida e obra a produtora coruñesa Anxo Fernández está a pór en marcha un documental eu está a rodar en Monforte. Outra rodaxe que xa concluÃu foi a de "A outra Galicia", que produtora Saga TV realizou en terras polacas a partir dun guión de Xandra TedÃn e Brian Boyle e coa dirección e fotografÃa de Marcos Gallego. Este documental é unha viaxe a través do tempo e do espazo da man da xornalista e escritora galega Sofia Casanova morta en Poznán, Polonia en 1958. Por último, dous equipos de Ibisa TV rodarán en Marrocos a primeira serie de televisión coproducida co paÃs alauà e que levará por tÃtulo "Hannan, o que nos une".
Máis información sobre a ”A outra Galicia” de Saga TV; a serie de “Hannan, o que nos une”, coproducida por Ibisa TV, Televisión de Galicia e Localia