Máis internacional, os últimos tÃtulos de cineastas reputados e a presenza de artistas recoñecidos. Estes son os ingredientes que avalan a calidade da novena edición do Festival de Cine Independente de Ourense. O cartel definitivo do programa presentouse onte no que se confirmaron o xa avanzado a contagotas: José Sacristán será o Premio Concello de Ourense, Juan Antonio Bardem premio Memoria Histórica e o cine de Pilar Miro protagoniza a sección "Cine en Feminino", alén da presenza do cinema brasileiro como paÃs convidado. Na rolda de prensa avanzouse tamén que o orzamento desta edición é de 369.000 euros e que na sección de actividades paralelas figura a xornada "Novas tecnoloxÃas no cinema" que se desenvolven no Parque Tecnolóxico. Ademáis, o crÃtico de cine e profesor Miguel Anxo Fernández recibirá de mans de Sergi Mateu o premio honorÃfico da Fundación Aisge pola súa traxectoria.
Máis información en La Región e na nosa hemeroteca