A terceira xornada do Festival de Cine de Ourense centrouse na figura da cineasta Pilar Miro, quen protagonizaba a sección Cine en Feminino. Na súa honra se celebrou unha mesa redonda na que participaron o seu fillo, Gonzalo Miro, os actores José Sacristán e José Manuel Cerviño, o director da revista Cinemanía, Javier Ángulo e o subdireitor do Instituto Nacional de Cine e Audiovisuais de Arxentina, Carlos Morelli. Personalidades que logo de destacar o carácter valente da cineasta acudiron ao barrio ourensá de O Vinteún para destapar unha placa dunha avenida que pasou a chamarse Pilar Miró. A xornada de hoxe acolle novas proxeccións, e estreas, entre as que destaca a presentación dos traballos de Vaca Films, que levarán imaxes da súa última longametraxe Somne, que protagoniza Goya Toledo e que se rodou en Compostela.
Máis información no web do Festival